Archive for Septiembre, 2008
Xa está á venda o libro CD-DVD “Contos en Cantos” de Almudena Janeiro co editado por PAI Música – OQO Editora e que foi grabado e mesturado en Casa de Tolos. Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos, música e video e que mestura distintos estilos musicais como a música popular portuguesa, bossa nova, sirtaki, tango, rock&roll, soul, gospel e mesmo cantos africanos. Todos eles baixo o eixo comun o idioma galego como nexo entre estas distintas culturas. (más…)
Tanxedoras falan do seu novo traballo “Tanxedoras” (PAI Música 2008) que sairá á venda o próximo mes de outubro. Tanxedoras é un grupo de música tradicional formado por cinco rapazas de Vigo que proceden de diferentes formacións dentro do ámbito da música tradicional. Un disco grabado en Casa de Tolos e que estamos seguros que será un éxito entre os amantes da música tradicional e da transmisión oral do patrimonio inmaterial galego. Para que non se perda, aquí están Tanxedoras.
Esta semán estiveron polo estudio o grupo Milladoiro para rematar a grabación e comezar ca mestura e a masterización do novo disco “A quinta das lágrimas“.
O novo traballo temático de Milladoiro onde abórdanse as relacións entre Galicia e Portugal. Este importante traballo discográfico levará por nome o lugar onde está enterrada Dona Inés de Castro, unha galega que chegou a ser Raíña de Portugal.

Ainda que podemos dicir que este verán non foi verán, porque a verdade que foi chusqueiro de carallo, o certo é que o mes de setembro presentase ben cheiño de cousas novas en Casa de Tolos e con novo traballiños para comezar e outros para vexan a luz do día e podades desfrutar. (más…)
Hoxe estanse grabando as cordas do novo disco de Javier González con Susana (violonchelo) e Leonardo (viola).
A verdade é que adoitados a escoitar música moderna no día a día, un ratiño de música clásica como o destas cordas .




