Posts Tagged ‘Batuko Tabanka’

Hoxe a verdade é que pela de frío aquí en Mañufe. O río coido que fai a súa parte frigorífica no asunto.
E aquí estamos, con chollos. Recentemente Fuxan os Ventos, Rack, e agora ultimando uns retelliños do directo de Vozes da Radio e do disco de Batuko Tabanka que xa ten data de saída e coido que a cousa quedou ben bonita. A data para a súa presentación será alá polo día 15 de decembro. Pero xa iremos dando conta estos días do asunto. Estade atentos.
O directo de Vigo Yeyé que grabamos o pasado 3 de xullo tamén vai nacer de cara a finais deste ano. Un DVD do concerto que se celebrou no teatro do centro cultural Caixanova de Vigo (antes García Barbón), e que coido que é outa desas pezas para gardar na nosa particular videoteca musical galega. (más…)
Este caluroso mes empezaremos por grabar a Os Carunchos. Mola, ¿no? . Luis Caruncho de cachondeo por Casa de Tolos!! El trabajo será editado por PAI en otoño.
A mediados de mes tendremos que ir con la EMI a Rabanal del Camino (León) a grabar un disco de los monjes benedictinos que viven en esa localidad. Acto seguido nos irémos a Coruña para encargarnos del sonido en la gala de Alalá de la TVG. (más…)
A nova estrela deste mes é que os estudios Casa de Tolos e Cormorán alíanse técnicamente para gravar o novo disco de Milladoiro, un traballo temático onde abórdanse as relacións entre Galicia e Portugal. Este importante traballo discográfico levará por nome “A quinta das lágrimas“, que é o lugar onde está enterrada Dona Inés de Castro, unha galega que chegou a ser Raíña de Portugal. Para Casa de Tolos é un orgullo e un verdadeiro pracer poder traballar cun grupo tan histórico e emblemático como Milladoiro. “A quinta das lágrimas” verá a luz, probablemente o vindeiro mes de Xuño. (más…)
Este mes será un dos máis importantes do ano para os nosos compañeiros de PAI-Música. O motivo delo, é o lanzamento de varios traballos que ocupáronnos unha grande parte do noso tempo durante os últimos meses. Un deles é “Xigantes“, o novo traballo dos Ruxe-Ruxe que presentaremos oficialmente ante os medios na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de Abril. Quen non poida acudir ese día, que non se preocupe, xa que o sábado 12 de Abril a banda de Aríns, presentarán en direto “Xigantes” na mesma sala e poderá escoitar os novos temas da banda e comprobar a potencia do seu direto. Casa de Tolos quere render homenaxe a este grupo, formado en 1992, é por elo que o noso Mp3 do Mes é “Feliz“, un dos mellores cortes do disco, unha canción interpretada por Xurxo Souto, García (Dios Ke Te Crew), Bocixa (Zënzar) e polo cantante dos Ruxe, Vítor Neira. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes ver a todos eles na nosa Foto do Mes. Por último, e por elo non menos importante está xa dispoñible na canle de youtube, o videoclip de “Xigantes“, que podedes velo premendo aquí.


