Casa de Tolos
Arthur & The Writers, o disco alter ego de Niño y Pistola xa está á venda PDF Print E-mail
Wednesday, 03 March 2010 10:20

Niño y PistolaO último disco de Niño y Pistola grabado recentemente nos estudios de Casa de Tolos acaba de ver a luz. Arthur & The Writers, o alter ego de Niño y Pistol e no seu terceiro albumdiscográfico.

"Este álbum está inspirado en un pequeño libro de poemas (o quizás deberíamos llamarlo cahier) escrito por nuestro gran amigo Arthur hace algunos años en uno de sus viajes por España. Desfortunadamente Arthur falleció el pasado verano y no volveremos a verlo nucna más. Ésta es la razón por la que decidimos seguir sus pasos y venir al sitio donde escribió su "Pequeña gran historia" y hacer un disco basado en su poesía para recordarlo para siempre. Hemos traducido su universal historia de amor en una humilde ópera rock, y cada una de las emociones impresas en sus versos en paisajes sonoros.
Este disco é unha especie de tributo a álbums como o Sgt Peppers, un disco en que os Beatles crearon unha banda ficticia formada por eles disfrazados deles mesmos, ou como o Village Green Preservation Society dos Kinks, ou o Ziggy Stardust and the Spiders from Mars de Bowie. Neste caso somos nós os que nos convertemos en Arthur & the Writers, e este, que é o noso terceiro traballo titulámolo Niño y Pistola as Arthur & the Writers, ademais de que sairá á venda o mismísimo martes de entroido. Por iso gústanos dicir que este traballo é un tributo aos alter egos, aos nomes falsos dos artistas e ás grandes historias. Nós non somos Niño y Pistola, somos Arthur & The Writers. "

Ademais da progresiva electrificación do seu son, de orixe acústica no seu debut -Como un maldito guisante, 2006-, as músicas dos do Val Miñor, ao sur de Vigo, cambiaron de beira do océano. "Desprazámonos cara ao americano, The Band, a Creedence, o Dylan eléctrico ou Neil Young", relata Manolito, "aínda que seguen dicindo que soamos británicos". Este envoltorio sonoro atópase ao servizo da historia do poeta Arthur, en dez temas ao estilo "Sgt. Peppers ou Ziggy Stardust, cunha banda paralela de biografía inventada polo escritor Arturo Enríquez". "A idea de cambio de vida une as letras do disco", expón.

Niño y Pistola gravaron As Arthur and the Writers nos estudos de Casa de Tolos, en Gondomar. Ernie Records colocarao nas tendas. "Con Culebra [a súa segunda gravación] Astro tirou o disco ao lixo". De momento, a boa recepción que Arthur... obtivo en Radio 3 axuda a espantar pantasmas.


+INFO

http://www.ypistola.com
http://www.myspace.com/ypistola
Spotify

 

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.