| Presentación do documental "Ceibes no monte" |
|
|
|
| Monday, 21 December 2009 11:55 |
|
A presentación do documental terá lugar na Casa de Cultura de Gondomar ás 19:30h con entrada libre para todo ó publico.
EXPOSICIÓN CEIBES NO MONTE Desde o 1 de decembro de 2009 ao 11 de xaneiro de 2010 estará aberta ao público no Centro Neural de Gondomar, a exposición "Ceibes no monte", froito do proxecto didáctico premiado pola Fundación Antonio Fraguas, ", realizado polo IES Terra de Turonio de Gondomar. A exposición ofrece un percorrido por diferentes aspectos relacionados co mundo dos cabalos en liberdade e centra o seu ámbito de referencia na Terra de Turonio, denominación medieval do territorio do Sur de Pontevedra. O traballo expositivo foi realizado no Instituto Terra de Turonio de Gondomar polo alumnado da ESO e do ciclo da Actividades Físico- Deportivas no Medio Natural ao longo do curso 2008/09. O traballo interdisciplinar desenvolvido pola comunidade educativa contempla os seguintes núcleos temáticos:
Ao longo de 18 paneis realízase un percorrido polos diferentes aspectos relacionados co mundo dos cabalos ceibes. Diversas ferramentas e materiais etnográficos complementan a mostra que ten unha páxina Web na que se poden ver outros traballos realizados polo alumnado: www.ceibesnomonte.com AUDIOVISUAIS Na exposición poderán verse diversos documentais realizados polo Instituto sobre os curros de Gondomar e tamén haberá oportunidade de visualizar outros traballos audiovisuais producidos en Galicia sobre os cabalo en liberdade. Nos vídeos realizados no centro pode verse ao alumnado do centro participando nos labores gandeiros do curro e no seguimento dos cabalos. ESCULTURAS JUAN OLIVEIRA Outra temática destacada na exposición é a presenza dos cabalos na arte, nos diversos ámbitos: literatura, pintura, escultura, fotografías, etc. No apartado da escultura hai unha especial atención á figura de Juan Oliveira, o escultor dos cabalos. Unha mostra de esculturas en bronce do escultor tudense integran a exposición de Ceibes no Monte. OUTRAS ACTIVIDADES O día 21 de decembro pola tarde haberá unha mesa redonda na Casa da Cultura de Gondomar na que estarán a escritora Eva Moreda que falará da súa novela O país das bestas e o escritor Gonzalo Moure sobre o seu libro Son un cabalo, libros sobre os que se está traballando no centro e que tratan da temática do cabalo. Xosé Luis Méndez Ferrín estará tamén presente nesta mesa. " Ceibes no monte constitúe un exemplo excelso de como pode ser entendido un ensino activo con raíz na propia realidade local e nacional. A práctica pedagóxica dun Instituto pode estenderse e actuar como centro iluminador da conciencia pública. Isto estase a conseguir con esta exposición. Vigo ( Terra de Turonio ), 2009 + info: |






O luns 21 de decembro terá lugar a presentación do documental "Ceibes no monte", un proxecto realizado por Casa de Tolos para o IES Terra de Turonio e o Concello de Gondomar coa banda sonora do último disco de Pancho Álvarez"