Casa de Tolos News O estudio móbil de Casa de Tolos estrea o seu propio espazo web
O estudio móbil de Casa de Tolos estrea o seu propio espazo web PDF Print E-mail
Tuesday, 19 January 2010 21:17

www.estudio-movil.comCon esta mini-site pretendemos dar a coñecer a todo o mundo a actividade que realizamos coa nosa unidade móbil para dar conta así da calidade dos traballos realizados.

Estramos nova web baixo o dominio www.estudio-movil.com adicada exclusivamente á actividade realizada coa nosa unidade móbil de grabación que estramos xa fai agora 1 ano e que conta cos últimso avances en grabación de audio e vídeo HD. Ainda quedan moitas cousas por ir engadindo como unha galería fotográfica dos días de grabación pero coido que a cousa xa vai collendo forma.

 

O estudio móbil de Casa de Tolos é un completo sistema de grabación e edición de audio e vídeo aloxado nunha unidade móbil de 7 metros de lonxitude con capacidade para a grabación e realización dus espectáculo audio visual ou multimedia.

O sistema conta coa última tecnoloxía de grabación e audio e vídeo HD.

Integra un sistema de audio ProTools TDM HD3 sobre Machintosh con 48 entradas 48 salidas simultáneas de audio controladas por unha superficie de control C24.

Na sección de video, a unidade móbil conta con cámaras de alta definición, cunha mesa de realización en directo que soporta ata 5 cámaras simultáneas e o lanzamento en directo de printers ou outros contidos audiovisuais.

A unidade móbil conta tamén coa posibilidade de emisión da señal de realización xa sexa en directo ao propio evento mediante pantallas de proxección, para TV/radio ou mesmo por internet a través da conexión co servicio de streaming CDN que conta Casa de Tolos.

Agardamos que este novo punto de encontro dixital serva de axuda e complemente a información relativa á nosa actividade profesional.

 
Perhaps interest you...