| Casa de Tolos lamentamos a perda do artista caboverdián Vadú |
|
|
|
| Monday, 01 March 2010 19:00 |
Ainda non nos repuxéramos da perda do noso amigo e deseñador gráfico Quin, cando a semán seguinte da súa perda chegounos a noticia de que o cantante cabo verdián Vadú falecera nun accidente de tráfico en Cabo Verde. Vadú colaborou no disco das Batuko Tabanka que grabou Casa de Tolos en Galicia e Cabo Verde. O disco saiu á luz o pasado 15 de decembro e non chegou a tempo ás mans do artista cabo verdián que faleceu sen escoitar o que foi un dos seus últimos traballos.
En homenaxe a estas dúas grandes persoas e artistas que nos abandoaron nesta pequena e curta travesía, queremos adicarlle o seguinte video das Batuko Tabanka onde a súa letra di que "cando volva, vós haberedes de brincar comigo" e así será haberemos de brincar novamente xuntos. Deica pronto amigos.
|






Ainda non nos repuxéramos da perda do noso amigo e deseñador gráfico 
