| Musicalmente sigo haciendo lo que más me gusta. Entrevista con Xose Manuel Budiño |
|
|
|
| Wednesday, 26 August 2009 16:04 | ||
|
Hoy hablamos con el gaitero y compositor Xose Manuel Budiño, que en estos meses se encuentra inmerso en un nuevo "proyecto musical" en el que participa Casa de Tolos y que será presentado presumiblemente en el próximo 2010. Aunque no se pueden dar muchos detalles de este nuevo trabajo que se encuentra en su primera fase, hablamos con él de algunos de los temas en el candelero de la actualidad musical como los nuevos canales de distribución musical digital. Casa De Tolos (CDT) - 12 anos van xa dende o teu primer traballo Paralaia, musicalmente qué separan ao Budiño de fai 12 anos e o Budiño de hoxe? Xose Manuel Budiño (XMB) - A todos os niveis. Eu coido que foi unha evolución natural, por exemplo técnicamente Paralaia grabouse con sistemas analóxicos nun estudio en Madrid e o último disco incorpora xa as útlimas novidades tecnolóxicas en sistemas de grabación dixital, e foi grabado aquí en Galicia. Musicalmente sigo facendo o que máis me gusta, como facía ao principio, que é compoñer, facer arranxos e tocar. Sobre a base da música tradicional, góstame probar novos sons mesturando o tradicional e o contemporáneo. Esta evolución supoxo tamén o poder producir integramente os meu traballo. Neste último disco xa puiden dar este útlimo paso. Verdadeiramente ter un control completo da túa obra dende o primero momento coido que é o máis gratificante.
CDT- Primeiro foi o vinilo, logo casette e o CD, ata chegar ao MP3 e a emisión directa por Internet (streaming). Nun mundo cada vez máis globalizado, cómo crees que repercuten estes novos modelos de distribución online? XMB - A verdade é que non sei onde estaremos dentro de cinco anos. Eu coido que é necesario chegar a todo o mundo, e o soporte dixital é a ferramenta perfecta porque permite sobre todo inmediatez. O lanzamento do disco faise a través destes medios, de forma inmediata en todas as tendas dixitais do planeta, onde unha persoa pode mercar ao momento un tema, descargalo e escoitalo aos poucos segundos. Pero o que sí é certo é que os soportes físicos tradicionais non van a desaparecer porque segue habendo un mercado pequeno de xente que lles gusta ter o disco na man, palpar o papel e o carton. Agora os grupos volven a lanzar pequenas tiradas en vinilo mentres outros se decantan en complementar aos temas descargados por internet todo o traballo en formato dixital, diarios de producción, fotos,... Coido que é necesario chegar ao máximo de público posible, nacional e internacional, e o formato dixital e unha forma máis.
CDT- Consideras que a música galega en xeral está preparada para afrontar este novo reto na distribución musical a nivel mundial? XMB - O mundo é moi grande. Hoxe en día non podes encamiñar o teu traballo só mentes para un público enmarcado xeográficamente en Galicia. Eu penso que a música galega en xeral xa está neste punto dende fai tempo. Agora podes mercar en calquera tenda virtual e dende calquer parte do mundo un disco de música galega, e de feito a música galega se está vendendo a través destas novas canles de distribución online. É un paso máis na evolución musical.
CDT-Xa son moitos os escearios percorridos en 12 anos... e curiosamente moitos deles en oriente próximo (Estambul, Isarael,...) que tipo de conexión existe nestas culturas orientais coa música galega? XMB - O nexo está na gaita. Fascínaslles o son da gaita galega. Eles non sabían o por que, pero a sonoridade da gaita lles parecía algo moi cercano, algo familiar. E tan cercano, porque a gaita nace aquí precisamente, en oriente, por iso hai tantas similitudes coa música galega. Por outra parte gustálles o exotismo da mestura da música galega interpretada cunha banda contemporánea nun espectáculo audiovisual de luz e videocreación.
CDT- Por que elexiches ao equipo de Casa de Tolos para as grabacións nos teus últimos traballos.? XMB - Despois de ter percorrido xa varios estudios e comparandoos con Casa de Tolos, coido que é o mellor estudio non só tecnolóxicamente, que sempre está a última, se non pola profesionalidade e cercania do seu equipo humán tanto nas grabacións no estudio como nas grabación fóra do estudio. Estos son os principais puntos que me moveron a gravar en Casa de Tolos Zume de Terra e repetír a experiencia con Home.
CDT-A unidade móbil de Casa de Tolos estivo grabando o audio e o vídeo dun dos teus últimos concertos en Ortigueira este ano. Que tal a experiencia?. XMB - A verdade é que quedei abraiado coa calidade da grabación e a realización que se fixo na propia unidade móbil durante o concerto. O resultado da realización prácticamente estaba listo para publicar, e iso que o concerto era dificil porque éramos dez músicos no esceario e controlar as entradas de todos eles é certamente complicado. Segundo Grandío coñece moi ben a miña música e certamente compenetrámonos moi ben no traballo. CDT- Cando poderemos escoitarte de novo en Galicia? XMB - Pois pronto, o próximo 12 de setembro estaremos tocando no auditorio de Narón en A Coruña.
HOME
|






