AGOSTO 2008

A verdade é que non tiñamos moitas ganas de escribir porque estamos .... de vacacións ;) pero en Casa de Tolos non paramos e así que aquí estamos.

- Xa comezamos co novo traballo de Javier González

- Continuamos coa grabación da "Tribu dos 60", Agora iniciamos xa os video clips dos temas do disco.

- Estes días tamén andamos mergullados, e nun ca mellor dito, polo Porto da Coruña. Un documental sobre a actividade deste porto galego.

- Os seguidores e seguidoras "caruncheiros" e festeiros que se preparen porque xa estamos mezclando o novo disco de Os Carunchos.

 

 

XULLO 2008

- Este caluroso mes escomenzamos por gravar a Os Carunchos. Mola, non? Luis Caruncho de brincadeira por Casa de Tolos!! O traballo será editado por PAI no vindeiro outono.

- A mediados de mes teremos que ir coa EMI a Rabanal del Camino (León) a gravar un disco dos monxes benedictinos que moran en esa localidade.

- Acto seguido irémonos á Coruña para encargarnos do son na gala de Alalá da TVG.

- Despois voltaremos para facer a gravación da Tribu dos 60. Xa sabedes: os grupos que había en Vigo nos anos 60, que eran moitos...

- Ademais estamos facendo a preprodución do disco que Javier González vai gravar en agosto.

- Tamén estamos montando en vídeo o making of da gravación de Batuko Tabanka, o cal sairá en outono.

- Estamos facendo os vídeos de CONTOS EN CANTOS, o traballo que PAI coedita coa editorial OQO.

- E incluso xa estamos montando video e facendo o deseño gráfico dun interesante traballo baseado en teatro de sombras do cal vos contaremos un pouco mais adiante.

 

XUÑO 2008

- Tal e como comentábamos o pasado mes, últimamente andamos moi atarefados coa gravación do novo disco de Milladoiro. "A quinta das lágrimas", que é o título deste traballo discográfico conceptual debería estar rematado durante este mes, a falta da mestura e masterización. Periódicamente, un equipo de Casa de Tolos estivo desprazándose aos estudios Cormorán, para ir perfilando pouco a pouco a gravación dos distintos instrumentistas que compoñen esta histórica banda. O vindeiro irémosvos avanzando máis sobre "A quinta das lágrimas", aínda que podémosvos asegurar que sen dúbida será un dos discos máis importantes deste ano.

- Fai uns meses comentábamosvos sobre a gravación dun disco moi interesante: "Clic" (PAI-Música 2008), un traballo de colaboración musical entre os históricos do pop galego como Burgas Beat (antes chamados Cosecha Roja) e o músico de A Rúa (Ourense) Magín Blanco. Os pasados días 30 e 31 de Maio, Magín & Burgas presentaron en direto nas Salas Auriense e Rock Club de Ourense este traballo, e durante este mes desprazarémosvos á cidade das Burgas para gravar un videoclip co tema "Canto de serea", que participará no A polo ghit deste ano e que podedes escoitar na nosa sección do Mp3 do mes.

- Este mes empezaremos a traballar nun novo proxecto, que tratará sobre os grupos galegos dos anos 60, como Cóndors, Zuecos, La Comisaria, Stags ou Temples, entre outros. Para elo, pasarán por os nosos estudios os compoñentes de varias bandas desa época para gravar un par de cancións por grupo. En formato Libro, Cd e DVD, este traballo, aínda sen nome presentarase a principios de Decembro. Nas primeiras semanas do mes gravaremos ao grupo Golpes, con Nando Pereira á cabeza e gravarémoslles 2 cancións e un videoclip. Seguirémosvos informando.

- Durante este mes seguiremos traballando coa Editorial Oqo no interesante traballo pedagóxico de literatura infantil musicada que Casa de Tolos está preparando.

- Música e fútbol. Fútbol e música. Rara vez estes dous mundos tan diametralmente opostos únense, salvo que algunha causa común os xunte. E así pasou, xa que o modesto pero histórico Sporting Guardés, fundado no 1958, encargou a unha banda local, Los Abrasivos, a composición dunha canción adicada aos aficionados deste club de fútbol. O pasado 28 de Maio, gravamos con Los Abrasivos esta canción e durante a primeira semana de Xuño a mesturaremos.

- Tamén durante Xuño comezaremos a gravación do que será o novo disco de Os Carunchos, o seguinte tras o bo sabor de boca que nos deixou con "Montealegre" (PAI-Música 2005). Gaitas, percusións varias, polifonía nas voces xunto con vellas e novas cantigas da música tradicional galega, fan que Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión. Este novo disco será o 4º na súa discografía. Nos vindeiros meses irémosvos contando máis...

- PAI-Música acaba de estrear novo portal web (www.pai-música.com). Un portal onde, ademáis de estar permanentemente actualizado con todas as novas relacionadas cós nosos artistas, axenda de concertos, fotos ou información dos grupos, poderase descargar os temas dos grupos de PAI, ou poderedes disfrutar durante as 24 horas do día dunha canle de televisión e outra de radio. O próximo 7 de Xuño, con motivo da actuación de Miki Nervio & The Bluesmakers no Clandestino Bar de A Ramallosa - Nigrán, desprazarémosnos ata alí para transmitir este concerto en direto por Radio PAI. A partires de agora, unha grande parte do traballo de Casa de Tolos poderase ver nesta web. E isto é tan só o comezo...

- Por último, comentaros que o novo disco de Tanxedoras está practicamente rematado, trala mestura e masterización do mesmo. Durante este mes gravarémoslles un vídeo para a promoción do seu novo traballo discográfico que, probablemente preséntese a finais deste mes de Xuño.

MAIO 2008

- A nova estrela deste mes é que os estudios Casa de Tolos e Cormorán alíanse técnicamente para gravar o novo disco de Milladoiro, un traballo temático onde abórdanse as relacións entre Galicia e Portugal. Este importante traballo discográfico levará por nome "A quinta das lágrimas", que é o lugar onde está enterrada Dona Inés de Castro, unha galega que chegou a ser Raíña de Portugal. Para Casa de Tolos é un orgullo e un verdadeiro pracer poder traballar cun grupo tan histórico e emblemático como Milladoiro. "A quinta das lágrimas" verá a luz, probablemente o vindeiro mes de Xuño.

- Como comentámosvos o pasado mes, dende o 18 de Abril está dispoñible "Paraugas universal"(PAI-Música 2008), o agardadísimo novo disco de Lamatumbá. Agora mesmo, o grupo está inmerso nunha xira promocional que os levará nas vindeiras semanas polas principais cidades de Galicia. O 22 de Maio, Lamatumbá actuarán na Sala Capitol de Santiago de Compostela, nun concerto que será o comezo da xira de "Paraugas universal", unha xira que os levará por toda a xeografía española. Casa de Tolos quere render homenaxe a esta divertida banda, é por elo que o noso Mp3 do mes é "A poli ven detrás", unha versión do clásico de The Clash e que é a cara B do seu single promocional.

- Outra importante nova é a colaboración de PAI-Música e a Editorial Oqo nun interesante e completo traballo de carácter pedagóxico, composto por un CD e un DVD onde se ilustrará audiovisualmente a colección de literatura infantil da citada editorial. A interpretación dos temas correrá a cargo de músicos altamente experimentados, entre os que poderíamos citar a Javier Soto (Siniestro Total) ou a Pancho Álvarez. Comezaremos a traballar neste importante traballo na segunda metade de Maio.

- "Entre monstros enormes aquí estamos ti máis eu, entre fumes e lumes, pequenos fronte a xigantes...", así comeza "Xigantes", canción que lle da título ao novo disco de Ruxe-Ruxe e que é o noso Vídeo do Mes.

- Neste mes remataremos varias das gravacións que ocupáronnos nos derradeiros meses en Casa de Tolos. Unha delas é o novo disco de Tanxedoras, un proxecto musical nacido en setembro do 2003, formado por cinco mulleres que, con anterioridade e por separado formaron parte doutras agrupacións folclóricas e xuntáronse para traballar cunha idea común, a recuperación do legado musical de Galicia. Melodías tradicionais e populares aprendidas dos nosos maiores. Este traballo será editado en Xuño por PAI-Música.

- Outro disco que remataremos en breve, será o novo de Ultreia, outro grupo de música tradicional galega liderado por Pablo Carpintero. Será editado próximamente por Edicións do Cumio.

- O pasado sábado 5 de Abril foi a presentación oficial de "Pelo Gato 24: Cantigas e xogos para nenos"(PAI-Música 2008), na recentemente inaugurada Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Esta presentación dividiuse en dúas partes ben diferenciadas, unha roda de prensa encabezada por Paulo Nogueira e Magoia Bodega (responsables da produción musical), Luís Bará, (representando á Dirección Xeral e Creación Cultural) e Pablo Carpintero, (representando á Asociación de Gaiteiros Galegos); y unha demostración de xogos populares galegos, realizada por un grupo duns 25 rapaces, que fixeron as delicias dos presentes. Para quen non asistiu a este importante acto, podedes ver un intre do mesmo na nosa Foto do Mes.

- Neste mes tamén, remataremos dous novos clips para os nosos amigos do Xabarín Club: un dos Ruxe-Ruxe e outro dunha banda de Noia chamada Moita Leria.

- Seguiremos gravando a varios artistas para "Alalá", o magnífico programa da Televisión de Galicia, entre eles un adicado a unha das nosas artistas máis queridas e coñecidas: a Señora Carmen.

- A espera pagou a pena. Tras dous anos de traballo, viaxes a Cabo Verde incluídos, neste mes remataremos "Yuntamón" das Batuko Tabanka, un espectacular traballo discográfico entre músicos galegos e caboverdianos que, a bo seguro será un dos discos do 2008 en Galicia. "Yuntamón", verá a luz probablemente en Xuño e será editado por PAI-Música. O vindeiro mes presentarémosvos en primicia mundial algo deste incrible disco...

- Por último, o próximo 17 de Maio, por mor da celebración do Día das Letras Galegas, gravaremos audio e vídeo da emblemática "Alborada da Veiga" coas campás das igrexas do Concello de Gondomar (Pontevedra).

ABRIL 2008

- Este mes será un dos máis importantes do ano para os nosos compañeiros de PAI-Música. O motivo delo, é o lanzamento de varios traballos que ocupáronnos unha grande parte do noso tempo durante os últimos meses. Un deles é "Xigantes", o novo traballo dos Ruxe-Ruxe que presentaremos oficialmente ante os medios na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de Abril. Quen non poida acudir ese día, que non se preocupe, xa que o sábado 12 de Abril a banda de Aríns, presentarán en direto "Xigantes" na mesma sala e poderá escoitar os novos temas da banda e comprobar a potencia do seu direto. Casa de Tolos quere render homenaxe a este grupo, formado en 1992, é por elo que o noso Mp3 do Mes é "Feliz", un dos mellores cortes do disco, unha canción interpretada por Xurxo Souto, García (Dios Ke Te Crew), Bocixa (Zënzar) e polo cantante dos Ruxe, Vítor Neira. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes ver a todos eles na nosa Foto do Mes. Por último, e por elo non menos importante está xa dispoñible na canle de youtube, o videoclip de "Xigantes", que podedes velo premendo aquí.

- Venres 18 de Abril de 2008. Seguramente á meirande de vos esa data non vos dirá moito, pero se decimos que ese día estará á venda "Paraugas Universal", o novo traballo discográfico de Lamatumbá, a cousa cambia ¿verdade?. Pois si, é certo, Lamatumbá volve con máis forza que nunca có mellor disco que sen dúbida, fixeron ata agora. Na súa contaxiosa fusión de rock, ska e reggae, "Paraugas Universal" contén temas que seguramente en breve serán como himnos para moitos de vos. Un deses temas é "Camiños", unha canción con moita forza, que é o noso Vídeo do Mes. Por certo, neste vídeo participan persoas moi coñecidas en toda Galicia...

- Seguimos colaborando e traballando para os nosos amigos de Xabarín Club. Ao longo de Abril, pasarán polos nosos estudios Ruxe-Ruxe e Moita Leria, para gravar un tema cada un e, posteriormente lles faremos un videoclip para o famoso programa da Televisión de Galicia. O vindeiro mes iremos avanzando algo máis sobre estes clips.

- Tal como comentámosvos os pasados meses, traballamos moito có novo disco de Augusto Canario y amigos. Trala mestura definitiva do audio, tan só fáltanos rematar o montaxe de vídeo da actuación en direto que realizaron o pasado 16 de Febreiro.

- Xa fai algúns meses comentábamosvos sobre Tanxedoras, un grupo de música tradicional galega composto por Leni, Margó, Teresa, Ioli e María, que destacan polo uso de instrumentos tradicionais de percusión galega como o pandeiro, cunchas, ferriños, culleres ou legóns. O disco de Tanxedoras será editado por PAI-Música.

- Tamén durante este mes, gravaremos varios programas para Alalá, o laureado e premiado programa da Televisión de Galicia, presentado pola nosa amiga Pilar García Rego. Para elo desprazarémosnos coa nosa unidade móbil por toda a xeografía galega, en busca da mellor música tradicional.

- Por último, fai tempo adiantámosvos sobre un interesantísimo proxecto: "Yuntamón" das Batuko Tabanka, un grupo de caboverdianas afincadas en Burela (Lugo). Neste disco estarán unha escolma de músicos galegos (Xosé Manuel Budiño, Uxía, Rodrigo Romaní ou Mercedes Peón) e de Cabo Verde (Tcheka, Badú ou Ntoni Dente D'oro). Tras uns meses de espera, xa está prácticamente rematado o audio deste disco, agora tan só nos fáltanos preparar o DVD cun documental e os clips que acompañarán "Yuntamón". Este traballo discográfico probablemente verá a luz en moi pouco tempo...

MARZO 2008

- Tal e como comentámosvos o pasado mes, un equipo de Casa de Tolos desprazouse á localidade portuguesa de Viana do Castelo para gravar o novo disco de Augusto Canario, todo un ídolo por aqueles lares. Unha noite inesquecible para todos quenes tivemos a honra de asistir a dito evento. Este mes mesturaremos o audio desta actuación, ademais de realizar o DVD do concerto que levará este novo traballo. A Quinta do Santoinho foi o escenario elixido para a actuación de Augusto Canario e os seus amigos, tal como podedes ver na nosa Foto do Mes.

- Abril é o mes elixido para a saída de "Paraugas universal", o novo e agardado disco da banda ourensán Lamatumbá. Prácticamente rematado, este mes daremos as derradeiras puntadas a este traballo para envialo a fábrica e presentalo moi probablemente na segunda metade do mes. Para ir abrindo boca, o vindeiro mes presentarémosvos en primicia mundial o seu primeiro videoclip promocional, "Camiños" que, como xa veredes conta cuns actores de luxo...

- Como xa sabedes, en Outubro pasado PAI-Música inauguró no seu catálogo un apartado musical adicado ao Blues e o Jazz, coa edición dos novos discos de Miki Nervio & The Bluesmakers y Carlos Childe. Este mes, o equipo de Casa de Tolos fixo o segundo vídeo promocional de Carlos Childe, e desta volta a canción elixida foi "Gold for love" que é o noso Vídeo do Mes.

- O rock galego está de nora boa. Nas vindeiras semanas visitarannos Jabón Blue para mesturar as novas cancións do seu próximo traballo discográfico. Tralo bo sabor de boca deixado con "La música va por dentro", a banda formada por Javi Maneiro, Kuervo, Diego Castaño, Pony e Marcos, veñen con máis gañas que nunca de comerse o mundo. Ilusión e traballo non lles falta. Irémosvos comentando máis polo miúdo deste interesante traballo.

- Seguimos traballando no novo disco dos composteláns Ruxe-Ruxe, un traballo que sen dúbida, será un dos máis importantes do ano na música galega. Ademais da calidade e potencia coa que a banda nos ten acostumados, hai colaboracións de luxo como as de Xurxo Souto, Bocixa (Zënzar) ou García (Dios Ke Te Crew), entre outras. "Xigantes" é a canción coa que se fará o videoclip do disco é problamente sexa o nome desta nova entrega discográfica dos Ruxe.

- "Nubes y sirenas", o novo traballo de Magín Blanco & Burgas Beat, está xa na súa recta final. Prácticamente mesturado e masterizado, faltan tan só uns flecos para enviarlo a fábrica e presentalo oficialmente en Abril ou Maio. Como adianto á saída do disco, querémosvos presentar un dos temas deste traballo: "Anduriña", unha versión do clásico de Juan y Junior que a bo seguro, traerá gratos recordos a máis dun e que é o noso MP3 do Mes.

FEBREIRO 2008

- "CLICK" é o título escollido para o disco de Magín Blanco & Burgas Beat. Tras rematar a gravación, durante este mes de febreiro faremos a mestura deste interesante traballo para editalo a vindeira primaveira. "Nubes y sirenas" conterá 11 cancións, 5 de Magín e 5 de Burgas Beat, máis unha versión de "Anduriña", o lendario tema de Juan e Junior, traducida ao galego para a ocasión. De momento, non vos imos a adiantar nada, tan só un intre da gravación deste disco, que é a nosa Foto do mes. Un pouquiño de paciencia...

- Seguimos avanzando en "Paraugas universal", o novo e agardado disco de Lamatumbá. Prácticamente mesturado, tan só fáltanos masterizalo para enviar a fábrica e presentalo probablemente, a principios de abril. "París, Colombia", "Camiños", "A poli ven detrás" ou "Severino" serán algúns dos temas que en pouco tempo comezarán a soar por todas partes...

- A Señora Carmen segue arrasando con "Na flor dos meus anos". Agora mesmo, PAI-Música está inmerso na promoción deste magnífico Libro, CD e DVD. Como apoio promocional, queremos presentarvos unha das súas cancións, "Valse de pazos", un tema da zona de Pazos de Borbén interpretada por Paulo Borges ao piano, Gustavo Domínguez ao acordeón, Lorenzo Suárez ao contrabaixo, Isaac Palacín á percusión e por suposto, a Señora Carmen á voz, que é o noso MP3 do mes.

- Como comentámosvos o pasado mes, comezamos a gravación do novo disco dos Ruxe-Ruxe. Este mes, remataremos a gravación para posteriormente comezar as mesturas do mesmo. Podemos adiantaros que este novo traballo será un punto moi importante na longa e fructífera carreira musical da banda, tralo éxito que conseguiron con "Comercial", o seu anterior disco.

- Os próximos días 14, 15 e 16 de Febreiro trasladarémosnos a Viana do Castelo (Portugal) para realizar a gravación en direto do novo disco do músico portugués Augusto Canario. Tralo éxito do seu derradeiro traballo "é uma festa", Canario volve a reunirse co seus amigos e regalaranos outra noite de festa e ledicia.

- Xa está dispoñible nas tendas "Pelo Gato 24" que, como sabedes de sobra, é un disco dirixido aos máis pequenos e que ten unhas colaboracións musicais de luxo. Este mes queremos presentarvos "Arao", un dos vídeos promocionais interpretado pola Señora Carmen ou mellor dito, por alguén que parécese moito á Señora Carmen e que é o noso Vídeo do mes...

- Por último, comentarvos que seguemos traballando no novo disco de Tanxedoras, un grupo de música tradicional galega formado por cinco rapazas. Nos vindeiros meses iremos avanzando nas novidades que se produzan.

XANEIRO 2008

- Tras as resacas do Nadal e coa chegada do 2008, en Casa de Tolos comezamos a preparar con moita ilusión este novo ano. Os novos discos de Lamatumbá, Magín Blanco, El Puto Coke, Burgas Beat, Ruxe-Ruxe ou Los Fulanitos de Tal serán unha grande parte do traballo deste ano...

- Estamos convencidos que o 2008 vai a ser o ano da consagración definitiva de Lamatumbá. Tras o proceso de gravación do seu novo disco, durante este mes faremos a mestura definitiva para poder presentalo en sociedade entre febreiro ou marzo. Só podemos asegurar que este novo traballo vai a sorprender a máis de un. Estades avisados...

- Durante este mes, pasarán polo estudio os ourensáns Magín Blanco e Burgas Beat para gravar un disco de colaboura. A finais de Xaneiro mesturaremos este traballo que estará dispoñible a partires da vindeira primaveira. Permanecer atentos a este disco, que a bo seguro dará moito que falar. No próximo mes adiantaremos máis polo miúdo desta interesante colaboración, que será editada por PAI-Música.

- O pasado 21 de Decembro foi a presentación oficial de "Na flor dos meus anos", o agardadísimo debut en solitario dunha das compoñentes máis carismáticas de Malvela: a Señora Carmen. Como homenaxe á Señora Carmen, a Foto do Mes é un intre da presentación que celebrada no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago.

- Outro dos traballos que comezaremos en breve, é o novo disco dos Ruxe-Ruxe, tras o éxito e bo sabor de boca que deixaron con "Comercial". Na segunda quincena do mes, a banda de Arins pasará polo estudio para ir perfilando o seu agardado novo traballo.

- Outra das presentacións que fixemos en Decembro foi "Cinsa namorada" de Tino Baz. O pasado 19 de Decembro, ante o público que encheu o Centro Cultural de A Guarda, Tino amosou o seu primeiro traballo discográfico en solitario. É por elo que o noso Vídeo do Mes é "Canción dun pintor", un dos mellores temas do disco.

- Tamén prepararemos o novo disco de Los Fulanitos de Tal, gravado o pasado ano en direto nunha sala barcelonesa, onde a banda catalana amósanos a potencia e a forza do seu direto.

- Aínda que xa está dispoñible nas tendas, en breve faremos a presentación de "Pelo Gato 24", un disco promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos que, como os comentamos os pasados meses é un disco feito para os máis novos e que está baseado nos xogos populares galegos. Como adianto a dita presentación este mes estreamos "Dígame se fai favor", canción interpretada por Xabier Díaz e Mercedes Arribe, que é o Mp3 do mes en Casa de Tolos.

- Por último, adiantaros que en pouco tempo sacaremos á luz "Likor Café", un disco recopilatorio de hip-hop con catro artistas: El Puto Coke, WöYza, Aid e O40. "Likor Café" estará dispoñible para principios da primaveira e servirá para que PAI-Música estree un novo apartado no seu catálogo: PAI Hip-Hop.

DECEMBRO 2007

- Agora que estamos chegando ao final deste ano, verán a luz varios dos traballos que tanto tempo levamos preparando. Un deles é Operación Can, un fantástico disco feito por e para nenos, que o vindeiro 11 de Decembro presentarémolo en dependencias do Parlamento de Galicia coa presencia da súa Presidenta, Dª Dolores Villarino. En dita presentación, contaremos cos principais medios de comunicación de Galicia e do resto de España, o que amosa claramente a importancia deste proxecto feito realidade.

- Outro disco a punto de presentar é "Pelo Gato 24" que, como comentamos o pasado mes é un traballo discográfico promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e que está baseado nos xogos populares galegos. A presentación será o próximo 8 de Decembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Permanecede atentos a este disco, pois trátase sen dúbida, dun dos discos estrela deste Nadal en Galicia.

- "Na flor dos meus anos", o disco debut da Señora Carmen é un segredo a voces. Estas derradeiras semanas unha grande cantidade de medios contactaron connosco interesándose por este traballo, o que contribuíu a difundir e promocionar este disco. A presentación de "Na flor dos meus anos", será probablemente entre o 15 e o 20 de Decembro en Santiago de Compostela. Como adianto a este agardado disco, o Mp3 do mes é para a Señora Carmen coa canción que da título ao disco.

- Outro disco a presentar en breve é "Cinsa namorada" do músico e cantautor galego Tino Baz. A presentación oficial será no Centro Cultural de A Guarda (Pontevedra) o vindeiro 19 de Decembro.

- Estamos rematando a gravación do novo disco de Lamatumbá. Entre Decembro e Xaneiro remataremos a gravación e mestura para telo a punto para a vindeira primaveira. A Foto do mes recolle un momento da gravación da banda en Casa de Tolos.

- Magín Blanco segue recollendo eloxios e boas críticas por "Realidad", o seu segundo disco en solitario. Como homenaxe ao gran músico de A Rúa, Casa de Tolos quere presentarvos "Hielo sobre hielo", o primeiro vídeo promocional do disco e que é noso Vídeo do mes.

- Un dos próximos discos que lanzaremos el próximo ano é o novo disco de Los Fulanitos de Tal, unha divertida banda catalana que fan punk rock e que non deixa indiferente a ninguén. O novo disco de Los Fulanitos será en directo e recolle unha selección dos temas máis importantes da banda. Será editado por PAI-Música.

- Tamén estará dispoñible o vindeiro ano o novo disco dos santiagueses Xochilmica, grupo que ten unha persoal conxunción de estilos.

- Por último, durante este último mes do ano, gravaremos varias e importantes galas para o programa da Televisión de Galicia, Alalá, como por exemplo a gala de Cantos de Reis, que en breve podreis ver nesta cadea de televisión.

NOVEMBRO 2007

- Unha das novas máis importantes deste mes é a gravación de "Pelo gato 24", un disco promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), que está baseado nos xogos populares galegos. "Pelo gato 24" conta con colaboracións de luxo como as de Sonia Lebedinsky (Fía na roca), Xabier Díaz, Leilía, Paulo Nogueira e César Longa (Treixadura), Señora Carmen (Malvela) ou Pancho Alvarez, por citar algúns exemplos. Interesante ¿non?. Tras rematala gravación, agora mesmo estamos facendo a mestura e masterización para mandarlo a fábrica e presentalo ante os medios, seguramente a principios de Decembro.

- Cornelius está ultimamente de actualidade. O pasado día 19 de Outubro PAI-Música presentou oficialmente ante os medios o seu primeiro traballo discográfico, "Greatest hits". Ademais, a primeira edición do disco está esgotada e por se isto non fora pouco, Cornelius son un dos seis finalistas do Global Battle of the Bands (GBOB Challenge 2007) na súa edición española, que celebrarase en Madrid o 3 de Novembro. Casa de Tolos quere desexar moita sorte á banda arousán, e é por elo que o Vídeo do mes é o primeiro clip que fixemos para promocionar o seu magnífico disco: "Fool forever". Cornelius é hoxe por hoxe, o grupo galego de rock con maior proxección.

- Os pasados días 26 e 27 de Outubro, A Coruña foi a capital do blues e swing de Galicia. O motivo foi a estrea na FNAC ante unha grande cantidade de público, do novo apartado musical de PAI-Música dedicado ao blues e ao jazz coa presentación de dous discos: "15 years old blues" de Miki Nervio & The Bluesmakers e o "Cooking melodies" de Carlos Childe. É por elo, que a Foto do mes está adicada a Miki e os seus Bluesmakers, e o Mp3 do mes é o fantástico "Rain in september" do Sr. Childe.

- A presentación de Operación Can vaise atrasar probablemente ata finais deste mes, pero esta espera pagará moito a pena. O que podémosvos asegurar é que esta presentación será por todo o alto xa que teremos apoio de varias e importantes institucións. De momento, non podemos adiantar nada pero se queredes ver e escoitar unha canción deste disco, tan só tedes que pinchar aquí.

- Un segredo a voces, que moitos de vós xa sabedes, é que Casa de Tolos gravará o novo disco dos ourensáns Lamatumbá. As pasadas semanas estiveron no estudio preparando a pre-produción deste traballo, aínda sen nome, e durante este mes de Novembro comezaremos a gravar o seu agardado terceiro disco que será editado por PAI-Música. Estará dispoñible para principios do vindeiro ano.

- O pasado mes comentábamosvos sobre o primeiro disco en solitario de Tino Baz, que levará por nome "Cinsa namorada", unha composición da poetisa lucense Marica Campos que o cantautor de A Guarda encargouse de musicar. Tras rematala mestura e masterización deste interesante traballo, nas próximas semanas fabricarase e agardamos presentalo entre finais de Novembro ou principios de Decembro.

OUTUBRO 2007

- Estas derradeiras semanas en Casa de Tolos foron de moito traballo, debido á gravación de varios vídeo-clips que, en moi pouco tempo estarán dispoñibles na nosa canle de Youtube. A primeira delas foi un divertido vídeo de Emilio Rúa para o Xabarín Club, onde podedes ver ó músico ourensán transformado en Superman ou en guerreiro medieval, rescatando a cans ou a princesas en perigo. ¿No o creedes? Para os escépticos, a Foto do Mes é "SuperEmilio" nos tellados de Casa de Tolos rescatando a un can.

- Outra das gravacións de vídeos para Xabarín, é a de "Escola hip-hop" de El Puto Coke, con as colaboracións de Woyza, Aid e 040, que nos vindeiros meses falarémosvos moito deles, xa que a finais de ano gravaremos un disco con estes catro artistas, disco que servirá para que PAI-Música inaugure o seu novo apartado musical adicado ó hip-hop.

- A Praia das Catedrais, no municipio lugués de Ribadeo, foi o escenario para a gravación de dous vídeos promocionais do "Yuntamon" das Batuko Tabanka. Ata alí fomos para gravar "Brinka Kumi" e "Tchon de Portugal", os dous temas do disco elixidos para a promoción este magnifico traballo entre músicos galegos e caboverdianos. Novembro é a data escollida para estrear deste agardado traballo.

- O pasado 22 de Setembro foi a presentación oficial de "Realidad", o segundo disco en solitario de Magín Blanco. Dita presentación foi todo un éxito, tanto polo numeroso público que asistiu á presentación como polas críticas recibidas. O día seguinte trasladámonos a O Barco de Valdeorras para gravar o primeiro vídeo clip promocional co tema "Hielo sobre hielo", vídeo que estará dispoñible a primeiros deste mes. Casa de Tolos quere render homenaxe a este histórico da música galega, e por elo o Mp3 do mes é para Magín Blanco e unha das mellores cancións de "Realidad": "Lluvia dorada".

- Unha das novas mais importantes do mes é que Lamatumbá, un dos grupos mais importantes do actual panorama musical galego, gravarán en Casa de Tolos o seu novo disco, tralo bo sabor de boca deixado con "Lume (para que saía o sol)". Despois de actuar en Berlín, con motivo da celebración do Popkomm, estiveron no estudio o pasado 22 de Setembro preparando a pre-produción do seu novo disco. Este traballo da banda ourensán será editado por PAI-Música.

- Comezamos a gravación do disco en solitario de Tino Baz, no que amósanos a súa persoal visión musical nun traballo a medio camiño entre a música de autor e a música tradicional galega. Neste traballo haberá colaboracións moi importantes como as de Mini, Moises Quintas, Mero ou Juan Eiras. Nas vindeiras semanas informarémosvos mais polo miúdo deste interesante proxecto.

- Unha grande parte de Setembro adicámolo á gravación do segundo disco de Xochilmica, un grupo santiagués nacido no 2005, que aínda que usan instrumentos tradicionais galegos, teñen unha persoal conxunción de estilos que seguramente, sorprenderán a mais de un. Este traballo, aínda sen nome, editarase en Novembro.

- Rematamos Operación Can, un laborioso traballo que dende febreiro a setembro ocupounos moito do noso tempo. Nos primeiros días de Outubro mandarémolo a fabricar e a presentación de Operación Can será a finais do mes ou principios de Novembro. Sabemos que hai moitos nenos pendentes deste traballo, e como adianto á presentación, podedes ver o vídeo clip de "O Ceo", unha canción cantada polos alumnos de 5º e 6º de EP do Colexio Xulio Camba de Vilanova de Arousa, que é o noso Vídeo do mes.

- Tamén rematamos "Cooking melodies" o debut discográfico de Carlos Childe, un monfortino afincado en A Coruña, que presentará o seu disco o vindeiro 27 de Outubro na FNAC da cidade herculina. "Cooking melodies" estará dispoñible na tenda web de PAI-Música na primeira metade deste mes.

SETEMBRO 2007

- O fin do verán está xa próximo e con el moitos dos traballos que ocupáronnos unha grande parte deste ano en Casa de Tolos. Un deles é Operación Can que, tras rematar a gravación de tódalas cancións, tan só fáltanos a mestura e a masterización para presentalo ante os medios o vindeiro 10 de Outubro. Podemos adiantaros que as cancións soan moi ben, de feito graváronllas músicos da talla de Isaac Palacín (Berrogüetto), Diego Pacheco ou Segundo Grandío, entre outros. Como imaxinamos que haberá moita xente desexando escoitar o disco, sobre todo os rapaces que participaron na gravación, o Mp3 do mes é unha das 16 cancións que forman o CD de audio de Operación Can: "Coida a natureza" interpretado por alumnos do 3º ciclo de primaria do CEIP "Virxe do camiño" de Rubiá - Ourense.

- A finais de Setembro estará dispoñible "Cooking melodies" o primeiro traballo discográfico da Carlos Childe Troupe. "Cooking melodies" foi preparado sen aditivos nin colorantes na cociña de Casa de Tolos polo chef Segundo Grandío, aderezado cun pouquiño de swing e blues, e con moito, moito fundamento. Altamente saudable e recomendable para quen padeza síntomas de anorexia musical. Como adianto á presentación do disco amosámosvos o primeiro videoclip promocional, "Sitting by the fire", que é o noso Vídeo do mes.

- Practicamente rematamos "A volta dos nove", un traballo nos levou moito tempo preparalo e que en pouco tempo verá a luz. Constará dun CD e un DVD coa principal finalidade de recuperar a memoria histórica dos fusilamentos de nove persoas que tivo lugar durante a Guerra Civil en Baiona. Colabora o Instituto de Estudios Miñoranos, e entre outros, están músicos como Antón Seoane ou Pilocha, escritores como Fran Alonso ou Gonzalo Navaza e artistas como Fernando Casás ou Caíno Vasconcellos. "A volta dos nove" estará dispoñible a finais de Outubro e o editará PAI-Música.

- "Na flor dos meus anos", o debut discográfico da Señora Carmen entra tamén na súa recta final, unha vez rematada a post-produción. Este traballo mandarémolo a fábrica o vindeiro mes de Outubro para podelo presentar en sociedade na primeira metade de Novembro. "Na flor dos meus anos" é unha obra multimedia composta por un libro sobre a vida da Señora Carmen, escrito polo prestixioso escritor galego Fran Alonso, un CD con 12 cancións e un DVD con varios videoclips, un documental sobre a artista e un "como se fixo", o que fai deste traballo unha obra moi completa e elaborada.

- "Realidad", a segunda entrega discográfica de Magín Blanco estará dispoñible na segunda quincena de Setembro. Magín ofrécenos outra grande colección de cancións pop de corte intimista, como "Mi borrachera", "El corazón de los pájaros", "Lluvia dorada" ou "La fiesta". Ademais, o disco conta coa colaboura de Pepe Losada, Isaac Palacín ou a "Mañufe Horns" entre outros. Podemos adiantaros que o 22 de Setembro PAI-Música fará a primeira presentación do disco na recentemente inaugurada FNAC de A Coruña.

- Rematamos de mesturar e masterizar a primeira gravación de Dous, o dúo formado polos nosos amigos Pablo Carrera e Fernando Abreu, que levará o curioso nome de "Só son sons". Trátase dun traballo experimental, moi orixinal, que a ben seguro sorprenderá a quen o escoite. Nos próximos meses comentarémosvos mais polo miúdo deste interesante proxecto.

- Por último, gravaremos unha maqueta ós Sugar Free, grupo de pop & punk de catro rapazas coruñesas que o fan francamente ben.

AGOSTO 2007

- O vindeiro 24 de setembro estará na rúa "Cooking melodies", o primeiro traballo discográfico da Carlos Childe Troupe, que como comentámosvos o pasado mes é unha banda coruñesa que fan swing e blues. Nestes primeiros días de agosto remataremos a mestura e masterización deste estupendo traballo, del que estamos seguros terá un gran éxito. "Cooking melodies" será editado por PAI-Música. Como adianto ó lanzamento do disco, presentámosvos "Blues wander around the room" que é a canción elixida como Mp3 do mes.

- O novo disco de Malvela "da miña xanela á túa" vai vento en popa. O pasado 24 de xullo en Santiago, con motivo da celebración do Día de Galicia, as "Malvelas" actuaron xunto con varios artistas e coincidiron con El Puto Coke, un dos maiores representantes do hip-hop galego, e xurdiu a idea de facer un vídeo clip cunha versión diferente da canción mais famosa de Malvela "Pirimpimpín", que como non podía ser menos, é o Vídeo do mes en Casa de Tolos.

- Rematamos o novo disco de Magín Blanco que levará por título "Realidad". Aínda que o pasado mes adiantámosvos "El corazón de los pájaros", este traballo non o amosaremos ata despois do verán. Un pouco de paciencia ós seguidores de Magín, podemos asegurarvos que la espera pagará a pena.

- Outro dos discos que promete dar moito que falar, é o "Yuntamon" de Batuko Tabanka, que entra na súa recta final. Tan só fáltanos a mestura para dar por rematado este ambicioso proxecto que une a música de Cabo Verde e Galicia grazas á colaboura de músicos da talla de Xosé Manuel Budiño, Uxía, Tcheka, Mercedes Peón ou Badú, por citar algúns exemplos. "Yuntamon" estará dispoñible despois do verán.

- Tamén estamos a piques de rematar o novo disco disco de Xosé Manuel Budiño. Nos primeiros días de agosto, faremos a mestura e masterización do mesmo.

- Practicamente rematamos "A volta dos nove", un traballo adicado a render homenaxe ós 9 fusilados en Baiona durante a guerra civil española. O igual que o novo disco de Budiño, fáltanos a mestura para finalizar este laborioso traballo, que faremos durante o presente mes.

- Outro traballo que está na súa recta final é Operación Can. Durante o mes de agosto gravaremos toda a instrumentación das 16 cancións que compoñen este traballo y para elo, xuntamos a unha serie de grandes músicos para a ocasión. A principios de outubro será o lanzamento deste interesante proxecto.

- Nos vindeiros días visitaranos Diego Castaño, o guitarrista madrileño de Jabón Blue, para mesturar as cancións do seu novo proxecto en solitario. Terémosvos ó tanto de todas as novidades que haxan.

- Por último, visitarannos Pablo Carrera & Fernando Abreu, para mesturar o seu novo proxecto que levará por título "Dous".

XULLO 2007

- Coa chegada do verán o traballo multiplícase. Unha gran culpa delo, o ten ese marabilloso proxecto chamado Operación Can. Nas derradeiras semanas, polo estudio pasaron unha gran cantidade de rapaces de colexios galegos para gravar as voces das súas cancións. Noutros casos, ante a dificultade dos colexios de trasladarse a Casa de Tolos, collimos o noso estudio móbil e fomos a diversas localidades da xeografía galega: Camariñas, As Pontes ou Valdeorras que acolléronnos calorosamente. O pasado día 20 de Xuño rematamos a primeira fase da gravación de Operación Can. Xa temos gravadas as voces das 16 cancións que levará o CD de audio e agora fáltanos gravar tódolos instrumentos e facer os arranxos. A foto do mes en Casa de Tolos está adicada a tódolos rapaces e mestres que participaron en Operación Can, haxan gañado ou non.

- "Na flor dos meus anos", o disco en solitario da Señora Carmen está na súa recta final. Quédannos un par de retoques, pero na primeira semana de Xulio quedará rematado o agardado traballo deste tesouro vivo da música galega. O disco mandarase en breve a fábrica e ó final do mes estará dispoñible, aunque non o presentaremos até setembro ou outubro. Atención a "Na flor dos meus anos", estamos seguros que vai arrasar e vai deixar coa boca aberta a mais dun...

- O primeiro traballo discográfico de Cornelius xa está na rúa. "Greatest hits" é un sorprendente disco de rock que basea a súa proposta musical nunha persoal conxunción de estilos que van dende o funk ó soul até o rock´n´roll, sen perder o característico son propio da banda. Aínda que ó pasado 30 de Xuño presentouse o disco en A Coruña, durante unha actuación acústica de Cornelius na Fnac da cidade herculina, a presentación oficial de "Greatest hits" non será até despois do verán.

- Durante o pasado mes traballamos no primeiro disco dunha interesante banda: Carlos Childe Troupe. Os amantes do swing e do blues están de noraboa, Carlos Childe e a súa Troupe demóstrannos que tamén este estilo de música pódese facer en Galicia, ó mesmo nivel que bandas doutras latitudes.

- "Realidad" é o título escollido para o segundo traballo de Magín Blanco, disco que editará PAI-Música despois do verán. Tralo éxito de "Ella", Magín nos ofrécenos outra colección de boas cancións, a cabalo entre o pop e a música de autor. "Realidad" pode ser o disco da consagración definitiva de Magín Blanco. Como adianto de "Realidad" ofrecémosvos un dos seus mellores cortes, "El corazón de los pájaros" que é a canción elixida como MP3 do mes.

- Estamos realizando o segundo vídeo clip promocional de Jabón Blue. Nesta ocasión a canción elixida é "Cuando el silencio suena" un dos temas mais aclamados nos directos da banda. Ademais gravamos ó grupo que lidera Javi Maneiro unha canción para participar no A polo ghit, un concurso que busca a canción galega do verán.

- Sete Saias están de nora boa. Acaban de ser elixidas para participar no prestixioso Festival de Ortigueira, esgotaron a primeira edición do seu disco e en Casa de Tolos decidimos realizar o segundo vídeo clip promocional cun dos seus mellores temas: Bágoas de Azar. Por todo elo, o vídeo do mes está adicado a Clara Pino e a Marta Quintana, ou o que é o mesmo, Sete Saias.

- A nosa amiga Uxía visitounos nas derradeiras semanas para gravar un par de temas do seu novo disco, aínda sen título. Este traballo, que estase gravando en gran parte en Portugal, é un segredo a voces. Os afortunados que escoitamos algunhas da súas novas cancións só podemos dicir que é un gran traballo e que ten toda a pinta de ser un dos discos mais importantes da carreira de Uxía e que será un gran éxito.

- O novo disco de Xosé Manuel Budiño está a piques de vela luz. Unha vez rematada a mestura, tan só falta a masterización para dar por rematado este traballo. Ós seguidores do gran gaiteiro moañés podémoslles asegurar que a espera pagará moito a pena...

- Tamén visitounos o noso amigo e gran artista Emilio Rúa para gravar unha canción para o Xabarín Club.

XUÑO 2007

- O pasado 7 de Maio rematou o prazo de envío de cancións a Operación Can. En total, recibimos 32 cancións feitas por rapaces de toda Galicia, todo un éxito. Do 8 ó 15 de Maio foi o prazo de votacións e o resultado foi espectacular: 6.224 votos recibidos por correo electrónico. Debido a todo isto, decidimos ampliar o número de cancións seleccionadas, pasando de 15 a 16 os temas que incluiremos no disco de Operación Can. Dende o 30 de Maio até o 20 de Xuño gravaremos os audios e vídeos das cancións gañadoras. Terémosvos informados de todas as novidades que haxa neste interesante proxecto.

- O esperado disco de Malvela "da miña xanela á túa" xa está na rúa. Contén 15 cancións baseadas na música tradicional galega e do norte de Portugal, o que fai de "da miña xanela á túa" un disco imprescindible para todos os amantes do folk galego. Ademais contén un DVD cun documental, un "como se fixo " e dous vídeo clips: "O Pirimpimpín"e"A gota d´agua". Quen queira mercalo pode facelo dende a súa casa na tenda web de PAI-Música.

- Como adiantamos o pasado mes, do 10 ó 13 de Maio estivemos presentes na primeira edición de Cultur.gal, a Feira do libro e da Industria Cultural. Casa de Tolos e PAI-Música fomos a este evento no cal amosamos ó público os nosos traballos, fixemos moitos contactos, vendimos discos e tivemos varias actuacións: Malvela, Moon Cresta, Sete Saias e Magín Blanco.

- O disco debut de Cornelius, o teremos dispoñible na primeira metade de Xuño. "Greatest hits" que así chámase o traballo, contén 12 temas dunha altísima calidade: "Dangerous", "Wait", "So cool" ou "Fool forever" son unha boa mostra delo. Precisamente "Fool forever" é a canción elixida como Mp3 do mes en Casa de Tolos.

- Durante Xuño gravaremos á Carlos Childe Troupe, unha formación coruñesa que están influenciados polo blues tradicional e o swing. Despois de gravar dúas maquetas nos derradeiros anos chegoulles a hora de facer o seu debut discográfico. Juan Tinaquero (baixo e contrabaixo), Roma (batería) e Víctor Sánchez (saxo tenor e soprano) completan a banda liderada polo propio Carlos Childe (voz, guitarra e armónica). O disco editarase nos vindeiros meses polo selo PAI-Música.

- A partires dos primeiros días de Xuño estará na rúa o segundo traballo de SonDeSeu, a orquestra folk do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo, que chámase "Trastempo". Despois do seu fantástico primeiro disco "Mar de Vigo", SonDeSeu estarán actuando os vindeiros meses levando o seu "Trastempo" por toda a xeografía española amosando a forza e a calidade do seu direto.

- Dende finais de Maio até mediados de Xuño gravaremos, mesturaremos e masterizaremos o novo disco de Ultreia, grupo galego de musica tradicional.

- Do 12 ó 14 de Xuño desprazarémosnos ó Teatro Colón de A Coruña para gravar Alalá, programa da Televisión de Galicia que despídese ó grande esta tempada e farán unha gala cos protagonistas de todos o seus programas, entre eles varios artistas de PAI-Música: Malvela ou Treixadura.

MAIO 2007

- Dende o 10 ó 13 de Maio celebrase en Pontevedra Cultur.gal, a Feira do Libro e da Industria Cultural galega. Casa de Tolos e PAI-Música acudirán a este evento, creado por iniciativa da Asociación Galega de Editores, que aglutina todos os sectores do mundo da cultura, como a edición, as artes gráficas, o disco, as novas tecnoloxías e a produción audiovisual e multimedia. Dende aquí, queremos invitar a todo aquel que se pase polo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra que visite o noso stand, no que asegurámosvos haberá actuacións de varios artistas de PAI como Ruxe Ruxe, Javier González Méndez, Moon Cresta, Cornelius, Sete Saias ou Magín Blanco.

- "da miña xanela á túa" é o nome do terceiro disco de Malvela que estará nas tendas o 15 de Maio. Ademais podemos adiantar que o 11 de Maio Malvela fará unha presentación do disco en exclusiva no Cultur.gal. O mes pasado amosamos o primeiro vídeo clip deste traballo, desta volta presentamos a súa segunda entrega vídeo gráfica que podedes ver na nosa sección o Vídeo do mes.

- Mesturamos e masterizamos o novo disco de Xosé Manuel Budiño, aínda sen título. Ademais, o gran gaiteiro moañés vaise de xira por Siria, Xordania e Marrocos e lévase o noso compañeiro Segundo Grandío, que levará o son de directo.

- Este mes pechase o prazo de envío de cancións a Operación Can. As derradeiras semans de Abril chegaronnos case unha trintena de cancións que podedes oílas tan só pulsando aquí. Ademais, sabemos dos problemas "técnicos" dalgúns participantes á hora de pasar a súas cancións a formato Mp3. Debido a elo, a organización de Operación Can decidiu ampliar o prazo de envío de cancións ate o 7 de Maio (día inclusive).

- Rematamos tamén a mestura e masterización do disco debut de Cornelius, banda de Vilagarcía de Arousa que gañaron a primeira edición do concurso de Pop Rock MusicaliA. Trátase dunha brillante ópera prima que levará por nome "Greatest Hits" e que moi probablemente verá a luz a finais de Maio. Avisámosvos que é un traballo sorprendente, cunha produción moi elegante e coidada e que contén unha ducia de temas que farán vibrar a quen os escoite. O Mp3 do mes é o seu fantástico tema "Dangerous", un corte que lembra a mellor época dos Lynyrd Skynyrd.

- Estamos a piques de rematar o disco da Sra. Carmen "Na flor dos meus anos". Este traballo que ten colaboracións de luxo como Dulce Pontes, Isaac Palacín (Berrugüetto), Fernando Abreu (Mercedes Peón) ou Paulo Borges (Uxía), estará moi posiblemente nas tendas en Xuño. Tan só fáltanos rematar o DVD que acompañará ó CD de audio.

- Maio é o mes da estrea do segundo traballo de SonDeSeu, "Trastempo". Neste segunda entrega, seguen mesturando a música tradicional galega coa modernidade nun disco imprescindible para todos os amantes do folk galego. Este traballo distribuiralo PAI-Música.

- O 11 de Maio é a data escollida pola banda catalana Los Fulanitos de Tal para a gravación en directo do seu novo disco. O noso compañeiro Pablo Casal desprazarase a Barcelona con noso Estudio Móbil para inmortalizar o directo do grupo.

ABRIL 2007

- Rematamos o novo e agardado disco de Malvela. Trátase dun traballo moi completo e elaborado que seguro é o disco da consagración definitiva do grupo . Ademais conta cunha gran variedade de artistas invitados da talla de Alfonso Franco, Uxía Senlle, Fernando Abreu, Sergio Tannus, o Orfeón Treixadura ou Luís Caruncho, entre outros. Tamén gravamos dous vídeo clips promocionais, "A gota d´agua"e"O pirimpimpín", este derradeiro é o vídeo do mes en Casa de Tolos. Asemesmo e como adianto do disco, podedes escoitar un do seus temas "Que o pano non me namora" que é o mp3 do mes. Este traballo presentarémolo moi probablemente a principios de Maio.

- Rematamos tamén a mestura e masterización do novo traballo de Mercedes Peón. Este disco estará dispoñible a partires do próximo 14 de Abril e editarase por Discmedi.

- A mediados de Marzo visitáronnos o grupo ferrolán Los Limones e gravaron un tema chamado "Capital del mar". Santi Santos e os seus teñen a intención de gravar novo disco a finais de ano, os agardamos con impaciencia.

- Atención seguidores do folk galego, o novo disco de SonDeSeu está rematado, tras a mestura e masterización de tódolos seus temas. A presentación deste traballo está prevista para o 2 de Maio e, por lo que escoitamos, vai a ser un dos discos do ano en Galicia. O que avisa non é traidor...

- Temos rematada a gravación do disco debut da Sra. Carmen. Este mes, ademais da mestura e masterización, faremos a postproducción do audio, do vídeo e do libreto que incluirase neste proxecto. Comentaros tamén, que deste libro encargarase o escritor Fran Alonso. Agardamos ter este traballo na rúa a partires de Maio e o editará PAI-Música.

- Estivemos nestes días pasados mesturando e masterizando a ópera prima dun grupo moi interesante: Cornelius. Esta banda de Vilagarcía de Arousa, con membros que no seu día pertenceron ó grupo Sally Water, fan funk rock e veñen de gañar a primeira edición do concurso de Pop-Rock MusicaliA. Estade atentos ó disco que pode ser un dos discos do ano en Galicia.

- Operación Can segue en marcha. Nos chegou xa o primeiro tema, firmado por catro rapaces de 14 e 15 años de Vigo que estudan no IES Teis e no Colexio Padre Míguez, e chámase "Reciclade xa". Adrián, Gabriel, Víctor & José Luís regálannos unha canción moi divertida de corte punk rock, que desexamos cunda o exemplo entre tódolos rapaces de Galicia. Podedes escoitala na web de Operación Can. Recordamos que o prazo de envío de cancións remata o 1 de Maio.

- En Abril gravaremos dúas cancións ós composteláns Ruxe Ruxe. O primeiro tema é unha versión da canción "Tropa da tralla" dos Diplomáticos de Monte-Alto que incluirase nun disco homenaxe á banda de Xurxo Souto que estará nas rúas en pouco tempo. O outro tema é "Matemáticas"que será un adianto ó novo traballo dos Ruxe.

- O 13 de Abril gravaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra un festival adicado á figura dun dos portugueses mais universais: Xosé Afonso. No acto participarán un gran número de artistas galegos e portugueses.

- Por último, e por elo non menos importante, comentaros que neste mes mesturaremos o cuarto e derradeiro traballo dun dos nosos músicos galegos mais emblemáticos, Xosé Manuel Budiño. Ademais estamos gravando o "making off" para disfrute e deleite de tódolos fans que ten este gran gaiteiro moañés.

MARZO 2007

- A noticia estrela deste mes e Operación Can, un interesantísimo concurso que consiste en facer un CD e DVD con cancións compostas e interpretadas por rapaces de colexios galegos. Preténdese concienciar a xente mais nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar o noso entorno e medio ambiente. Os 15 primeiros clasificados serán premiados coa gravación de un CD e das 6 cancións mais votadas faranse vídeo clips. Este proxecto está promovido pola Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA) e será editado por PAI-Música. A data límite de entrega de temas é o 1 de Maio e entre Maio e Xuño faranse as gravacións de audio e vídeo.

- En breve entrará no estudio a gravar novo disco Magín Blanco. Podemos asegurarvos que vai ser o mellor disco do ex-guitarrista de La Rosa é que haberá temas moi importantes como "Mi borrachera" que vai sorprender a mais de un.

- Case rematamos a gravación do terceiro disco de Malvela e en breve remataremos a mestura e masterización. Agardamos que este novo traballo este nas rúas en Abril. Ademais o pasado día 18 de Febreiro gravamos o seu novo vídeo clip "O pirimpimpín" que seguro soará este ano con forza en toda Galicia.

- Moon Cresta segue recollendo eloxios polo seu "eROCKtile dysFUNKtion SOULutions" e pola forza do seu directo. Casa de tolos quere renderlles homenaxe e por elo o mp3 do mes é para eles.

- Comezamos a gravación do disco debut da Sr. Carmen, que remataremos no primeiros días de Marzo. Durante este mes faremos a mestura e masterización . Adiantamos que haberá colaboracións de luxo como a da gran cantante portuguesa Dulce Pontes.

- O proxecto de Batuko Tabanka é xa un segredo a voces, varias persoas contactaron con nós interesándose por Yuntamon, que será o título do traballo.

- Segundo Grandío, o noso xefe e sen embargo amigo, vaise una semaniña a Cuba a gravar para la TVG o programa Alalá. ¡Que dura é a vida de produtor¡

- Fixémola mestura e masterización do novo disco de SonDeSeu.

- Seguimos traballando na Volta dos nove, un traballo que como xa falamos nos últimos meses trata de recuperar a memoria histórica dos asasinatos que houbo en Baiona durante a guerra civil española. Un pouquiño de paciencia, porque estamos na recta final do mesmo. Agardamos esté nas rúas entre Abril e Maio.

- Mesturamos e masterizamos o novo traballo da nosa amiga Mercedes Peón, que saldrá a venta nunhas poucas semans.

FEBREIRO 2007

- Comezamos o mes coa gravación do novo proxecto das nosas amigas de Malvela. Uxía, Gustavo & Ana estiveron estos días pasados en Casa de Tolos preparando as bases dos novos temas, que serán editados por PAI-Música. Estade atentos a todas as novidades que se produzan xa que este disco promete dar que falar.

- Practicamente rematamos a gravación de SonDeSeu despois de varios días traballando cos numerosos compoñentes do grupo e coa colaboración do Orfeón Treixadura. Durante o mes de Febreiro faremos a mistura e masterización.

- Seguimos avanzando no Yuntamon, o primeiro disco de Batuko Tabanka. Como xa vos comentamos o mes pasado, tratase dun ambicioso proxecto que xunta a música de Cabo Verde e Galicia gracias á colaboración de músicos da talla de Xosé Manuel Budiño, Uxía, Tcheka o Badú, por citar alguns exemplos.

- Neste mes iniciaremos o debut en solitario dunha das compoñentes mais carismáticas de Malvela: a Sr. Carmen. O resultado vaivos sorprender, xa que veremos á Sr. Carmen dun xeito maís intimista, pero continuando a tradición galega.

- Como mp3 do mes presentamos un tema chamado as Quimbambas feito por Vítor de Ruxe Ruxe e Segundo Grandío de Casa de Tolos, que é un pequeno homenaxe ós nosos amigos do programa do mesmo nome da Radio Galega.

- Xa está preparada a maqueta de Blue Seats Project, despois de rematar a mistura e masterización. Catro temas, un deles instrumental, que reflexa perfectamente a esencia do grupo.

- Visitáronnos alumnos da ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo para ver como se fai unha gravación nos nosos estudios. Nunha soa mañá eles mesmos gravaron unha canción e en 30 minutos fixémoslles un vídeo, que poderedes ver na nosa sección de Vídeo do Mes.

- Seguimos traballando no interesante proxecto de A volta dos nove, gravamos a meirande parte do audio e falta por rematar o documental. Nos próximos meses remataremos este traballo que ten por fin homenaxear ás nove persoas asasinadas na bisbarra de Baiona durante a guerra civil española.

XANEIRO 2007

- Comeza o ano e nos voltamos ao traballo despois do pequeno paréntese das festas do Nadal. Comezaremos coa preparación dun traballo moi interesante: A Volta dos Nove. Un CD e DVD adicado a recuperar a memoria do fusilamento de nove persoas que tivo lugar durante a Guerra Civil en Baiona. O apartado musical corre a cargo de Antón Seoane no que contará coa participación de coñecidos poetas galegos, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén contará con un interesante apartado visual no que se incluirá un como se fixo entre outros documentos. Este traballo realízase en colaboración co Instituto de Estudios Miñoranos e será editado por PAI-Música.

- Continuaremos coa gravación do próximo traballo de SonDeSeu, a orquestra de música tradicional dirixida por Rodrigo Romaní e formada polos alumnos do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espírito aberto, con un timbre fundamentalmente acústico e arranxos na liña do xa clásico folc galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores; entre os que se atopan músicos do calibre de Xaquín Xesteira, Xosé Lid e Alfonso Franco.

- Tamén queremos anunciar dende aquí a ampliación das instalacións de Casa de Tolos para uso e desfrute dos nósos queridos músicos e de todo o mundo que se achegue até o nóso estudio. Este mes estamos estreando un estupendo porche que dota ao exterior do estudio de protección contra as inclemencias do clima e que permite a relaxación nos momentos de descanso da gravación tomando un café ou, por que non, unhas cervexas. Podedes botarlle un ollo na sección Foto do mes.

- Ademáis, emprenderemos unha viaxe que nos levará até Francia para participar no MIDEM; unha das principáis feiras mundiais do sector da produción e edición discográfica. Manterémosvos informados das aventuras da nosa expedición europea.

- Despois da gravación ven a mestura e é o que faremos este mes coa estupenda maqueta que gravou aquí o grupo portugués Blue Seats Project.

- Continuaremos traballando en Yuntamon o primeiro disco do grupo Batuko Tabanka. Un proxecto de colaboración entre Cabo Verde e Galicia no que participan moitos dos músicos máis importantes dos dous países: Uxía, Xosé Manuel Budiño, Paulo Nogueira, Xaquín Xesteira, Tcheka, Badú, Ntoni Dente D'oro e moitos máis xuntan forzas no primeiro disco das Batuko. Este traballo constará de CD e DVD no que se incluirá un making off, videoclips e concertos que documentan a visita das Batuko a Cabo Verde e a aventura que constituiu a gravación deste magnífico disco. Editaráse en PAI-Música.

- O vídeo do mes de xaneiro corresponde a un duo adicado á música tradicional galega: Sete Saias. Despois de gravar con nós unha maqueta hai un ano, volveron o pasado mes de novembro a Casa de Tolos, esta vez xa para gravar o seu primeiro disco. Ademáis do audio tamén gravaron un videoclip do seu estupendo tema Rompendo a marea, no que contan coa colaboración de Xosé Manuel Budiño. Para velo non tedes máis que pinchar aquí. O disco de Sete Saias está editado por PAI-Música.

- O nóso mp3 deste mes é o tema Ni trampa ni cartón de Javier González pertencente ao seu último disco Sin novedad en el frente que foi gravado en Casa de Tolos e está editado por PAI-Música.

DECEMBRO 2006

- Chega o Nadal e chega ás tendas O Quiquiriqui, un traballo impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música. O Quiquiriqui é un traballo adicado a difundir as tradicións galegas relacionadas co Nadal mediante un libro, un CD e un DVD. No libro podedes atopar textos sobre as diversas tradicións do Nadal así como información sobre a música do Quiquiriqui. No CD acharedes un completo cancioneiro composto por vilancicos, nadais, cantos de reis... e cantado e tocado por algúns dos músicos máis importantes de Galicia: Guadi Galego, Xaquín Xesteira, Uxía, Charanga O Fiadeiro, Ugía Pedreira, Pablo Carpintero, Pilocha, Mini, Mero, Miguel Costas, Alfonso Franco e moitos máis. Do CD do Quiquiriqui extraemos o noso mp3 do mes no que Uxía nos desexa un feliz Ano novo. Tamén diciamos que se inclúe un DVD con un fantástico docufilm no que un avó viaxará cos seus netos por toda a xeografía galega para que comproben a rica variedade das tradicións de Nadal, un como se fixo e unha fantástica sección de extras entre os que está o noso videoclip de decembro, que pertence ao tema Buscando unha estrela.

- Comezaremos o mes de decembro coa nova visita de un vello amigo nóso: Magín Blanco pasará por Casa de Tolos para comezar a gravación do seu novo disco. Despois da gravación, tamén en Casa de Tolos, do fantástico Ella... (PAI-Música, 2006) estamos ansiosos por escoitar os seus novos temas.

- Continuaremos tamén a postproducir Yuntamon o primeiro disco do grupo Batuko Tabanka. Este é un proxecto de colaboración entre Cabo Verde e Galicia no que colaboran moitos dos músicos máis importantes dos dous países: Uxía, Xosé Manuel Budiño, Paulo Nogueira, Xaquín Xesteira, Tcheka, Badú, Ntoni Dente D'oro e moitos máis xuntan forzas no primeiro disco das Batuko. Este traballo constará de CD e DVD no que se incluirá un making off, videoclips e concertos que documentan a visita das Batuko a Cabo Verde e a aventura que constituiu a gravación deste magnífico disco. Editaráse en PAI-Música.

- O dezaseis de decembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra a cuarta edición de Cantos na Maré unha celebración da cultura atlántica que nos une ao mundo lusófono a través da nosa língua e conta con actuacións de artistas de Galicia, Portugal, Brasil, Mozambique... Organizado por Uxía Senlle, é un dos maiores eventos culturais do ano en Galicia e; un ano máis, desprazarémonos até alí para gravalo todo en altísima fidelidade. Será o sábado 16 de decembro.

- E como non só de folk vive o home, tamén agarraremos o noso marabilloso EMI para rocanrolear con Siniestro Total; dos que gravaremos a súa actuación en directo o día 27 de decembro no colexio Salesianos de Vigo.

NOVEMBRO 2006

- Os que nos seguides tódolos meses xa o sabedes pero, por se algún de vós está despistado lembrámosvos que O Quiquiriqui está prácticamente rematado. Durante o mes de setembro gravouse, en outubro postproduciuse e o día 1 de decembro sáe á venda o disco deste Nadal. Coa participación de algúns dos máis grandes músicos de Galicia: Guadi Galego, Xaquín Xesteira, Uxía, Charanga O Fiadeiro, Ugía Pedreira, Pablo Carpintero, Pilocha, Mini, Mero, Miguel Costas, Alfonso Franco e moitos máis. Pero O Quiquiriqui non consiste só nun disco, senón que tamén inclúe un libro no que poderedes consultar todos os datos relativos aos temas gravados e textos sobre as tradicións galegas do Nadal escritos por Mini, Mero e Carlos Rey. Inclúe tamén un DVD con un divertido docufilm no que un avó (Paco Barreiro) embarcará aos seus netos nunha apaixonante viaxe polo noso Nadal. Tamén no DVD poderedes coñecer máis polo miudo como se fixo O Quiquiriqui e desfrutar de moitas sorpresas máis. O Quiquiriqui será coeditado por PAI-Música e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

- Sete Saias, un marabilloso dúo de arpas e voces adicadas á música tradicional visitarannos de novo este mes para gravar o seu primeiro disco que será editado por PAI-Música.

- Continuaremos a traballar este mes no disco Yuntamón de Batuko Tabanka. Este é un proxecto de colaboración entre Cabo Verde e Galicia no que colaboran moitos dos músicos máis importantes dos dous países: Uxía, Xosé Manuel Budiño, Paulo Nogueira, Xaquín Xesteira, Tcheka, Badú, Ntoni Dente D'oro e moitos máis xuntan forzas no primeiro disco das Batuko. Este traballo constará de CD e DVD no que se incluirá un making off, videoclips e concertos que documentan a visita das Batuko a Cabo Verde e a aventura que constituiu a gravación deste magnífico disco. Editaráse en PAI-Música.

- O grupo Miel Latina voltará a Casa de Tolos a dar os últimos retoques ao seu disco, co que estamos seguros que moveredes as caderas este verán.

- Ademáis de todo isto aínda nos quedará tempo para que o nóso E.M.I. continúe a súa viaxe por Galicia na compañía de Alalá para dar a coñecer aos artistas que se adican a manter viva a música tradicional no noso país.

- O mp3 do mes corresponde a Comercial o novo disco de Ruxe Ruxe que acaba de ser editado por PAI-Música e que se gravou en Casa de Tolos en maio deste ano.

- Funkatronic é un dos 10 explosivos temas do explosivo cóctel de rock, soul e funk que os vigueses Moon Cresta nos ofrecen no que será o seu primeiro disco eROCKtile dysFUNKtion SOULutions. Este mes ofrecémosvos o videoclip deste tema como adianto á saída do disco de Moon Cresta editado por PAI-Música.

 

OUTUBRO 2006

- Despois do mes de setembro no que tivo lugar a gravación, este mes comezámolo post-producindo o que será o disco deste Nadal: O Quiquiriquí. Adicado aos cantos tradicionais do Nadal en Galicia e dirixido aos nenos, é un traballo con un grande valor didáctico e ademáis desfrutable por todo tipo de públicos. Estamos a producir este disco en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e até o de agora pasaron por Casa de Tolos algunhas das maiores figuras da música galega para aportar a sua colaboración neste disco: Antón López, Xaquín Xesteira, César Longa, Paulo Nogueira (pertencentes ao grupo Treixadura Gaiteiros), Uxía, Pancho Álvarez (Carlos Núñez), Guadi Galego (Berrogüetto, Espido), Malvela, Alfonso Franco, Ugia Pedreira, Cástor Castro, Pilocha, Miguel Costas... O disco será editado en Decembro por PAI-Música.

- Tamén nos visitará de novo o grupo Miel Latina, para traballar no que será o seu primeiro single.

- O programa da TVG Alalá, adicado á música tradicional galega, comeza unha nova temporada e o Estudio Móbil Impresionante de Casa de Tolos continuará viaxando con eles por toda Galicia para gravar aos mellores músicos e grupos que manteñen viva a tradición na nosa terra.

- O mp3 deste mes é un tema do novo disco de Sucios Socios masterizado en Casa de Tolos.

SETEMBRO 2006

- Moitos volven das vacacións e nós continuamos traballando a reo en Casa de Tolos. Comezamos este mes de setembro coa gravación do novo disco de Javier González Méndez, un cantautor vigués con un son clásico e intimista. Neste traballo conta coa producción de Segundo Grandío e coa intervención de recoñecidos músicos como Isaac Palacín (Berrogüetto), Diego Pacheco, Marcos Legazpi e o propio Segundo Grandío. Será editado próximamente por PAI-Música.

- Ademáis, masterizaremos o novo disco do grupo catalán de hip hop Sucios Socios.

- A segunda metade do mes de setembro adicarémola a un proxecto moi interesante: O quiquiriquí. Realizado en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, "O Quiquiriquí" é un proxecto adicado á recuperación das tradicións do nadal galego e está especialmente dirixido aos nenos, o futuro da nosa tradición. Durante este mes realizaremos a gravación do disco no que participarán artistas como Uxía, Guadi Galego (Berrogüetto), Miguel Costas, Ugia Pedreira, Malvela e Antón López e Xaquín Xesteira (Treixadura) xunto a moitos outros artistas. Ademáis do disco, neste traballo incluirase un DVD con videoclips, un documental sobre as tradicións do nadal galego e xogos para os rapaces. Será editado en decembro por PAI-Música.

- Como saberedes, hai pouco que tivemos o pracer de gravar ao grupo galego-portugués De outra margem. Este mes ofrecémosvos un mp3 pertencente á súa primeira maqueta.

- O vídeo do mes corresponde ao novo single de Jabón Blue, El hombre del saco. Pertence ao seu novo traballo La música va por dentro, editado por PAI-Música .

AGOSTO 2006

- Chega Agosto, moitos de vós estaredes de vacacións pero en Casa de Tolos seguimos traballando. Unha das tarefas que nos terá ocupados este mes será a preparación de un proxecto xunto á Asociación de Gaiteiros Galegos, un traballo adicado a recuperar as tradicións musicáis ligadas ao Nadal. Será editado por PAI-Música e e non debedes deixalo pasar!!

- Ademáis, continuaremos traballando no disco das Batuko Tabanka. Xa están gravadas moitas das colaboracións dos músicos galegos que participan neste proxecto de colaboración entre Cabo Verde e Galicia e ademáis cumpre continuar co proceso de post-producción. Este traballo constará de CD e DVD no que se incluirá un making off, videoclips e concertos que documentan a visita das Batuko a Cabo Verde e a aventura que constituiu a gravación deste magnífico disco. Editarase en PAI-Música.

- Materia, un grupo formado por xente nova adicados aos sonidos máis duros pasarán tamén por Casa de Tolos para gravar a súa maqueta.

- Falando de maquetas, lembraredes que o pasado mes de xullo gravamos a do grupo De outra margem. Este mes mesturarémola e masterizarémola, deixándoa lista para que a escoitedes.

- O mp3 que vos traemos este mes é unha gravación moi especial: Uxía e Cristina Pato interpretan o tema Quíxente tanto meniña. A letra é de Rosalía de Castro e gravouse no Auditorio de Galicia para ser emitida pola TVG o pasado 25 de xullo.

- O nóso vídeo do mes é un extracto do magnífico unplugged que gravaron Moon Cresta nos nósos estudios o pasado 19 de xullo. Desfrutade con Funkatronic.

XULLO 2006

- Este mes comezamos con forza!! Os vigueses Moon Cresta, practicantes de power & funk gravarán o seu primeiro disco nos nósos estudios. Ademáis da descarga electrica, gravarán tamén un concerto en acústico para un grupo de selectos invitados. Queres ser un deles e asistir en directo á gravación en audio e vídeo do unplugged de Moon Cresta? Podedes participar no sorteo de invitacións que realizaremos en Casa de Tolos enviando un correo co asunto "Moon Cresta" a info@casadetolos.com. Informarémosvos nesta sección de novas e por correo electrónico. O disco editarase en PAI-Música. Estade atentos!!

- Se chegastes até aquí xa vos dariades conta: Casa de Tolos estrea nova web. De cando en vez cumpe mudar a pel, esperamos que vos guste!

- Tamén volverán a estar con nós Malvela, unhas grandes amigas nósas que virán gravar un tema para a TVG. Temos moitas ganas de velas!!

- Ademáis, gravaremos a maqueta do grupo galego-portugués De outra margem adicados a recupear melodias tradicionáis portuguesas co seu toque particular.

- O pasado mes de xuño estiveron aquí as Batuko Tabanka para gravar e este mes adicarémonos tamén a continuar con este traballo. Todo un traballo de colaboración entre Galicia e Cabo Verde no que poderedes desfrutar de músicos como Tcheka, Badú, Nho Nhanu e Denti D'Oro por parte de Cabo Verde; e Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Uxía e os membros dos gaiteiros Treixadura Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira da parte galega. Este estupendo traballo completarase con un DVD para que poidades vivir con nós a viaxe a Cabo Verde e todo o proceso de gravación ademáis de concertos e moitas outras sorpresas. Será editado por PAI-Música. Manterémosvos informados.

- O mp3 que vos ofrecemos este mes é o nóvo single de Jabón Blue. Jabón Blue é o novo grupo de Javi, o que fora cantante dos Heredeiros da Crus. Esta vez en castelán e con toda a forza que sempre o caracterizou ofrécenos "El hombre del saco".

- Este mes protagonizan a nosa sección de vídeo, nada máis e nada menos que Los Limones. O mítico grupo ferrolán pasou en maio por Casa de Tolos para gravar, mesturar e masterizar o seu novo traballo Palabra; que ademáis foi producido por Segundo Grandío. Tamén gravamos un making off e un videoclip, este último é o nóso vídeo deste mes. O tema chámase Emigrante e nel Los Limones contan coa participación de Susana Seivane.

XUÑO 2006

- Como sabedes, Los Limones estiveron o mes pasado gravando o seu novo disco "Palabra" no nóso estudio. O disco está case que rematado, só quedan os últimos retoques e de aquí ás tendas.

- Outro disco que toca rematar este mes é o "Comercial" de Ruxe Ruxe. Unha vez rematado vai directo para fábrica e de ahí ás vósas mans. Pronto poderdes mercalo en calquer tenda, gracias a PAI-Música.

- Falando de PAI-Música, este mes presentaranse no nóso estudio nin máis nin menos que seis discos. Todos eles están editados por PAI-Música e foron realizados en Casa de Tolos. Podedes informarvos sobre cada un deles na páxina web de PAI.

- E continuamos traballando conxuntamente coa TVG. Ademáis do estupendo programa Alalá, no que levamos xa uns meses participando, este mes mesturaremos un tema para o Xabarín Club.

- Tamén nos visitará Jarfuxo, o que fora cantante de Heredeiros da Crus mesturará e masterizará con nós os temas do seu novo disco.

- Ademáis gravaremos uns temas do grupo La Banda Sonora.

- Lembrádesvos que hai un par de meses estivemos de viaxe por Cabo Verde? Continuaremos a traballar este mes no disco de Batuko Tabanka, "Yuntamon", un proxecto que supón unha colaboración entre Batuko Tabanka e os mellores artistas Caboverdianos e Galegos. Será un disco incrible que non debedes perder!

- Un dos discos que lanza este mes PAI-Música é "Comercial" o novo disco de Ruxe Ruxe. Podedes escoitar un adianto deste potente disco de rock en galego na nósa sección de mp3 do mes.

- "É uma festa!!!" de Augusto Canário & Amigos é o CD e DVD que tivemos o pracer de gravar hai uns meses no teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo. Tamén sairá á rúa este mes de xuño, polo que vos ofrecemos o vídeo do tema Vira da Nossa Senhora da Agonía. Editado por PAI-Música.

 

MAIO 2006

- O verán xa está máis perto, e nós apuramos os días da primavera con gravacións refrescantes. Este mes estarán con nós Los Limones, o lendario grupo de Ferrol gravará, mesturará e masterizará en Casa de Tolos o seu novo disco que dentro de pouco estará en todas as tendas de España. Todo un clásico que volve á carga con forzas renovadas e un repertorio moi interesante. Non os perdades!

- Xa estiveron con nós o mes pasado, pero xa sabedes que o que proba repite: Miel Latina volve a Casa de Tolos para continuar coa gravación dos seus temas. Preparádevos, porque este verán causarán sensación!

- O pasado mes rematamos a gravación do novo disco de Ruxe Ruxe e agora toca a mestura e o mástering. Por iso é que teremos aos Ruxe un mes máis connosco e nós encantados, claro. Unha vez rematado o disco poderedes atopalo nas tendas da man de PAI-Música.

- Para mostrar a herencia galega no exterior nace o espectáculo Duas Beiras, no que se mestura o tango e a música tradicional galega da man de Lorena Lores; unha grande cantante bonaerense de proxenitores galegos. Gravaremos aquí o seu disco e pronto poderedes desfrutar do espectáculo en directo nos teatros máis importantes de Galicia.

- Este mes de maio, PAI-Música editará "Unha semaniña enteira" o novo disco do grande grupo de gaiteiros Treixadura. Como ben sabedes, este traballo foi gravado, mesturado e masterizado en Casa de Tolos así que este mes vos ofrecemos en exclusiva un tema de adianto do disco: a "Muiñeira do Santo Amaro" é o nóso mp3 do mes.

- Ragdog é un grupo de rapaces de Nigrán que gravou o seu primeiro disco en Casa de Tolos. Este disco inclúe DVD e ahí é onde poderedes atopar o nóso vídeo do mes de maio. Que o desfrutedes!

- Tamén continuaremos neste mes de maio participando no magnífico programa Alalá da Televisión de Galicia, no que poderedes atopar unha nova visión sobre a nósa música tradicional.

ABRIL 2006

- Comezamos o mes de abril con moitas forzas e preparándonos para unha grande viaxe que levamos xa un tempo preparando. Este mes marchamos nada máis e nada menos que para Cabo Verde. Imos alá coas Batuko Tabanka para gravar un disco moi especial. As Batuko Tabanka levan anos vivindo en Galicia, concretamente en Burela, e retornarán por primeira vez a Cabo Verde para gravar un disco. Este será un disco moi especial, non só se gravará en Cabo Verde senón que algúns dos máis destacados músicos galegos colaborarán neste traballo gravando a súa contribución en Casa de Tolos. Como vedes é todo un acontecemento do que vos manteremos cumpridamente informados.

- Pero mentres estamos de viaxe as cousas non quedan paradas en Casa de Tolos. Ao mesmo tempo que estamos en Cabo Verde tamén estaremos no nóso estudio de Mañufe gravando a Son de Seu. Sí, nós podemos estar en dous sitios á vez. E esperade a escoitar os discos, xa veredes o ben que sonan!

- Antes de estas duas gravacións recibiremos a visita do grupo Miel Latina que nos traerán un pouco de ritmo latino ao estudio. Gravaremos un CD con cinco temas e un DVD con dous videoclips. Promete arrasar este verán, non o perdades!

- Finalmente será este mes cando rematemos a gravación do novo disco de Ruxe Ruxe. Pronto estará nas tendas así que será mellor que vos vaiades preparando!

- Este mes temos un mp3 de Queno para que o escoitedes. Gravou aquí hai algún tempo, como seguro que sabedes os que seguides as novas de Casa de Tolos, e este mes de abril aparecerá o seu novo disco "El hombre que anda en mis zapatos" editado por PAI-Música. Deste disco ofrecémosvos o tema que o titula para que o escoitedes, se vos gusta xa sabedes onde o podedes mercar.

- O vídeo do mes tamén corresponde a un grupo que saca novo disco este mes. Neste caso é El Cubo, que nos amosan o que son capaces de facer no seu disco debut "Aurora" tamén editado en PAI-Música. Como mostra do que vos espera no DVD incluido en "Aurora" este mes colgamos da nósa web o videoclip do tema "Como cada día".

- Este mes tamén teremos en Casa de Tolos a un dos mellores grupos de folk de Galicia, Berrogüeto, que lle dará o toque final ao que será o seu próximo disco.

MARZO 2006

- A primeira noticia de este mes é a incorporación dun novo membro á familia de Casa de Tolos: Ratzinger. Non, non quedamos sen papa. Ratzinger é o pastor alemán que xa está correteando polo nóso xardín. En breve colgaremos algunhas fotos súas.

- Entre as novidades do mes tamén está un novo equipo para o nóso estudio A. Incorporamos ao nóso estudio unha estupenda D-Command de Digidesign que nos trouxeron até aquí os nósos amigos de Red Rocks Audio e CSS.

- Este será un mes de mesturas. Mesturaremos o disco de Ragdog que rematamos de gravar o mes pasado e o novo tema de Xosé Manuel Budiño para o Xabarín Club da TVG.

- Embarcámonos tamén nun novo proxecto que implica ao grupo caboverdiano/burelense Batuko Tabanka. Este mes comezamos a pre-producción de un disco que nos levará até o própio Cabo Verde no mes de abril para gravar algúns dos músicos do arquipélago africano. Ademáis neste disco colaborarán algúns dos músicos máis importantes de Galicia. Seguiremos informando!

- Unha das gravacións que teremos este mes será a dos lucenses Sen Berce, un grupo de hardcore que xa leva un ano tocando e gravará por primera vez en Casa de Tolos.

- Gravaremos tamén a maqueta dos vigueses The Blows, unha banda con influencias de Franz Ferdinand e dos Libertines.

- Este mes podedes desfrutar de un pequeno avanze do novo disco de Augusto Canário & Amigos. "É uma festa" que foi gravado en directo no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo polo estudio móbil de Casa de Tolos será o próximo CD + DVD de Augusto Canário, un extraordinario músico portugues adicado á música tradicional. Este mes ofrecémosvos un avance deste magnífico traballo en forma de vídeo e mp3.

- Ademáis, tamén mesturaremos o segundo disco de Transportes Hernández y Sanjurjo; un duo formado por Julián Hernández (Siniestro Total) e Rómulo Sanjurjo (Diplomáticos de Monte Alto).

- Este mes comezamos a gravación do programa Alalá da TVG. Neste programa poderedes ver os máis importantes expoñentes da música tradicional galega, nós adicarémonos a gravar a música que logo poderedes escoitar nas vósas casas.

- Tamén estarán con nós os Ruxe Ruxe para rematar a gravación do seu próximo disco, atentos e que non se vos pase porque valerá a pena!!

FEBREIRO 2006

- Comeza un novo mes de 2006, o máis curto do ano, e nós seguimos traballando chova ou neve (pouco lle falta). Comezaremos o mes visitando terras portuguesas, xa que o nóso estudio móbil viaxa até Viana do Castelo para gravar un extraordinario concerto que se celebra no teatro desta localidade e que está protagonizado polo grande músico Augusto Canário e os seus amigos, a quen tivemos oportunidade de coñecer gracias a Meniños Cantores.

- Os extraordinarios gaiteiros Treixadura continuarán coa mestura do seu novo disco en Casa de Tolos; nós, coma sempre que se pasan por aquí, encantados de traballar con eles.

- Tamén contaremos con rock and roll este mes. Visitannos os Ruxe Ruxe, que veñen a comenzar as gravacións do seu próximo CD. Estade atentos, manterémosvos informados.

- Non é unha noticia de Casa de Tolos en sentido estricto, pero PAI-Música, o selo discográfico vinculado a Casa de Tolos acaba de inaugurar unha fermosa tenda web. Poderedes mercar discos de moitos dos artistas que pasaron por aquí, cando menos botádelle un ollo.

- Magín Blanco estivo por aquí o mes de decembro do ano pasado, agora poderedes comprobar como as gastamos en Casa de Tolos. Este mes ofrecémosvos non unha, senón duas entregas de Magín: unha en vídeo (con colaboración de Nancho Novo) e outra en audio. Feito na casa e con ganas, dentro de pouco poderedes atopalo nas tendas.

- Como ben sabedes, durante o mes de xaneiro estivemos gravando o novo disco que Emilio Rúa publicará con BOA. Este mes remataremos este fermoso disco coa gravación dun videoclip.

- Outra das novidades deste mes é unha viaxe na que faremos algo que levabamos tempo sen facer. Enigmático, eh? Xosé Manuel Budiño convidounos a acompañalo para realizar o son en directo de varios concertos seus en Bulgaria os días 10, 11 e 12 de febreiro.

- Xa sabedes que nós non podemos estar quietos, e así que volvamos de Bulgaria meterémonos no estudio de novo con Xosé Manuel Budiño para gravar un tema para o Xabarín Club da TVG.

- Ademáis de todo o anterior, Ragdog volverán a pasar por aquí para rematar a gravación do seu disco. Agardamos comezar coas mesturas este mesmo mes, se nos da tempo claro porque xa vedes que choio non falta.

- Tamén queremos anunciar dende aquí a adquisición de dous novos aparatos que nos permitirán ofrecer un mellor servicio aos que decidades gravar con nós. Os equipos adquiridos son un reloxo dixital Apogee Big Ben para manter a perfecta sincronía entre todos os compoñentes do nóso estudio móbil. Tamén para o estudio móbil é a outra peza de maquinaria: un Mackie HDR 24/96 que nos perimitirá gravar máis pistas e con aínda máis fiabilidade que até agora. Agora sí que non hai quen nos pare!

XANEIRO 2006

- O primeiro... Feliz aninovo a todos!

- Nós non permitimos que a resaca destas festas aminore o nóso ritmo de traballo. O día 2 de xaneiro comezamos a gravación do disco de Ragdog, un grupo formado por catro rapaces de Nigrán. Os Ragdog quedarán en Casa de Tolos toda a primeira semana do ano até deixar lista a gravación do seu disco.

- Xa pasou por aquí pero esta vez ven a gravar o que será o seu segundo disco, Emilio Rúa estará connosco este mes de xaneiro. Gravaremos o seu debut para BOA, producido por Segundo Grandío e Uxía Senlle.

- Unha vez rematada a etapa de gravación, os gaiteiros Treixadura comezarán este mes a mesturar o seu novo disco con nós.

- O nóso mp3 do mes é o tema Fía na roca gravado por Sete Saias, un dúo de arpas e voces que realizou a súa primeira gravación en CDT o pasado Decembro.

DECEMBRO 2005

- Comeza un novo mes cargadiño de traballos. Os Treixadura continuarán gravando o seu novo disco en Casa de Tolos.

- Ademáis, este mes gravaremos o novo disco de Magín Blanco un espectacular músico de Ourense que contará coa colaboración de Nancho Novo nun dos temas a gravar. Tamén se pasará a colaborar Gloria, unha metade do lendario duo Vainica Doble.

- Gravaremos o próximo disco de María do Ceo, unha grande cantante de fados nada en Oporto e residente en Galicia que combina sabiamente as músicas de ambos lados do Miño. Contará coa colaboración de Moncho Borrajo, que colaborará nas letras e incluirá a sua voz nun tema.

- Xa vos dicía que este mes viña cargado, tamén temos a Sete Saias entre os artistas que pasarán por CDT. Sete Saias son un duo de arpas e voces que se xuntaron hai xa dous anos baixo a tutela de Rodrigo Romaní, esta será a súa primeira gravación e nós estamos encantados de recibilas.

- Finalmente a UNESCO non lle concedeu á Candidatura presentada pola Cultura Galego-Portuguesa a honra de ser proclamada Patrimonio da Humanidade. De todas formas a Candidatura ensinounos a apreciar unhas tradicións comúns nas duas beiras do Miño que debemos conservar, e apreciar. Unha das mostras máis elocuentes disto é o disco Meniños Cantores, do que vos invitamos a ver un video na sección Vídeo do mes.

NOVEMBRO 2005

- Outro mes máis que pasa e nós seguimos traballando. Seguiremos coa gravación de Treixadura.

- A grande noticia deste mes de novembro é a saída ao mercado dun proxecto no que levamos traballado xa caseque un ano: Meniños Cantores. A data definitiva de saída do disco é o 7 de novembro, día no que tamén se celebrará a presentación mundial no Teatro-Cine Fraga Caixagalicia en Vigo.

- Non nos distraemos coa grande celebración do lanzamento de Meniños Cantores senón que seguimos dando o callo. Gravaremos aos arousáns Fungo.

- Comezaremos tamén a gravación do novo disco de Emilio Rúa que será editado por BOA.

- O directo de Falsalarma que gravamos en outubro está en fase de postproducción. Este mes adicarémolo a poñer a punto o son do seu DVD.

- Como sabedes, Meniños Cantores naceu ao abeiro de Casa de Tolos e Ponte...nas ondas! como forma de apoiar a Candidatura para que a UNESCO declare o Patrimonio Inmaterial galego-portugués obra mestra da humanidade. Dende Casa de Tolos brindamos todo o noso apoio á Candidatura e invitamosche a facer o mesmo por medio da túa sinatura.

 

OUTUBRO 2005

- Comezamos o décimo mes do ano gravando o directo de FALSALARMA na sala Aqualung de Madrid. Durante este mes postproduciremos o audio e prepararemos o DVD que editará BOA.

- Tamén comezaremos a gravación do novo disco do cantautor galego Emilio Rúa. Xa é o seu segundo traballo e editaráo BOA.

- Continuamos coa gravación de TREIXADURA.

- Ultimaremos o CD da primeira edición de CANTOS NA MARÉ, un festival que reune a diversos artistas lusófonos e está organizado por Uxía Senlle.

- Ademáis estamos preparando a presentación do disco-libro Meniños Cantores. O mes de Novembro sairá á rúa este impresionante traballo, sen dúbida un dos máis importantes do ano. ¡Aguantade, dentro de pouco poderedes telo nas vosas mans!

- Este mes poderedes desfrutar no mp3 do mes dun tema que MOON CRESTA gravaron no nóso estudio.

 

SETEMBRO 2005

- Volta ó traballo...

- Estamos xa metidos de cheo na gravación de TREIXADURA. Moi bonito!!

- Este mes poñerémonos en serio con FBI, Fronte de Baile Ibérico.

- MC Ensemble, unha sorprendente formación dun lexendario músico galego tamén fará unha gravación de algúns temas para perfilar o seu novo traballo. Pronto materializarase todo nun espectacular CD e mais DVD.

- Nas seccións mp3 e video del mes podedes oir e ver parte do concerto acústico que gravamos o pasado mes de Xuño en Viveiro e que ya está na rúa en formato CD+DVD.

 

AGOSTO 2005

- Comezámolo mes premixturando varias cousas: o disco de SUGAR MOUNTAIN, o festival de Musica Contemporanea de Gondomar e o concerto que gravamos en directo de MILLADOIRO o pasado 28 de xullo na Coruña.

-CD y DVD de EL CUBO están rematados.Boísimos!!

-Este mes saen os dous traballos que o Concello de Viveiro promove das formacións musicais da vila.Ambos traballos quedaron, como é natural en calquera traballo de CDT,do copón. Podedes comprobalo na sección de video do mes.

-O mp3 deste mes correspóndelle con unha gravación que Uxía Senlle e Rosa Cedrón fixeron para un especial da TVG.

- A mediados deste mes gravaremos a colaboura que Cristina Pato fará para o disco do músico canario Benito Cabrera, o famoso intérprete de timple.

- Despois de sies anos de existencia, por primeira vez vémonos co dereito a tomar unhas moi merecidas vacacións en CDT. Non obstante, e debido a nosa tremenda adición á música,levámonos con nós o material necesario (ordenatas, guitarra, baixo, tecrado,bebida...) para preparar catro apaixonantes produccions produccións que temos que facer antes de final de ano.Vacacións con música...maravilla !!

- A finais do mes comezaremos o novo disco de Treixadura "Unha semaniña enteira". Sempre é interesantísimo gravar a esta xente... este traballo promete!!

 

XULLO 2005

-Creemos que xa temos os masters de MENIÑOS CANTORES!! Este mes a fábrica!!

-EL CUBO están gravando o seu video clip e faremos o DVD master. O CD audio é brutal!! Podedes oir algo na sección mp3 do mes.

-Ó final, o mes pasado non poidemos currar con FBI. Este mes trataremos de facelo...morremos de ganas...

-Fixemos o pasado mes a gravación de dous discos (CD+DVD) en Viveiro (Lugo). Tratabase dun concerto en acústico de seis bandas locais e dunha gravación de ESCOLMA DE MEUS, unha divertida rondalla que interpretou temas de compositores vivairienses do século pasado. Quédannos os últimos retellos de vídeo/audio, pechar os masters e enviar a fábrica.

-A finais deste mes virán SUGAR MOUNTAIN para facer un novo traballo. Esta vez traense a Eric Ambel, productor e mais guitarrista americano, para facer as labouras de produción.

 

XUNIO 2005

-Comezamos este mes como acabamos o pasado, repasando os últimos detalles de MENIÑOS CANTORES.

-EL CUBO remataron a gravación do seu disco en CDT, pero todavía queda a mixtura e o mástering, traballos que levaremos a cabo durante este mes.

-O video que vos ofrecemos para o mes de Xuño é un aperitivo de MENIÑOS CANTORES, son os nenos do colexio CEIP O Pombal de Vigo que nos cantan o "Pirimpimpim".

-Tamén estamos mixturando o novo e pornográfico disco de Los Fulanitos de Tal, que quedará acabado este mes.

-Ademáis daremos os últimos toques ó disco de FBI (Frente de Baile Ibérico), osuper-grupo que pronto encherá as pistas de baile de todo o planeta.

-O MP3 do mes é o tema central do disco MENIÑOS CANTORES.

-O EMI tamén terá traballo este mes. Gravaremos o día 3 o concerto de Milladoiro no Centro Cultural Caixanova en Vigo, no que os acompañarán Susana Seivane e máis amigos.

-Outra gravación máis co EMI. O día 11 de Xuño estaremos en Viveiro para gravar un concerto organizado polo concello.

MAIO 2005

-¡Este é o mes de MENIÑOS CANTORES! Unha vez acabada a gravación dos 17 colexios de Galicia e Portugal comeza a post-producción. Non é moco de pavo, xa que neste traballo inclúense, ademáis do CD (con 32 cancións) un DVD (con 17 videoclips, 2 documentales e karaokes) e un libro. Todo isto ata o 15 de Maio. Xa hai premesturas de varios dos temas dispoñibles.

-A partires do día 16 teremos a EL CUBO gravando en CDT o seu primeiro disco.

-O video do mes é o do CORO SAN VICENTE DE MAÑUFE.

-Este mes poderedes conseguir por fin os discos de OS CARUNCHOS e do CORO SAN VICENTE DE MAÑUFE. Ámbos foro enteramente "fabricados" en CDT e sáen á venda a través de PAI.

-Xa chegou ás tendas o disco de DR. HARAPOS, mixturado e masterizado en CDT.

-Tamén estamos mixturando o novo disco de Los Fulanitos de Tal. ¡A ver de onde sacamo-lo tempo!

ABRIL 2005

-A cámara de vídeo Canon XL2 foi a elexida por e para a sección de vídeo de CDT , que cada vez traballa moito moito máis. Xa temos a primeira unidade de XL2. Estamos a acompañar de DVD caseque todolos traballos.

-Precisamente este mes inauguramola seción VIDEO CDT onde cada mes amosaremosvos ó vídeo do mes e a axenda de dita sección.

-Polo que respecta o traballo habitual, o CD+DVD de HEISSEL salirá para fábrica este mes. Podedes oir un bonito mp3 na sección correspondiente e ver un vídeo na recién inaugurada sección de vídeo.

-Este mes adicarémoro en exclusiva a MENIÑOS CANTORES (esperemos que nos chegue o tempo). Acabaremola gravación dos 16 colexios de España e Portugal, faremolas gravacións adicionais e postproduciremos audio, vídeo, pista interactiva e deseño gráfico. Buff!!!!

 

MARZO 2005

-O disco de CLAN DEVI está practicamente rematado. Quedan unhos retoquitos e nada máis. Podedes escoitar algo no Mp3 do mes.

-Estamos finando tamén o de HEISSEL. Quedará listo a primeiros deste mes.

-Durante gran parte de marzo estaremos gravando o vindeiro disco Siniestro Total.Joe hardy, productor habitual de Siniestro, amigo e mestre da filosofía de son que usamos en CDT virá a facernos unha visita, e supervisar este traballo que él mesmo vai mesturar en EEUU.

-A outra gran parte do mes estaremos facendo o disco de "MENIÑOS CANTORES", un completísimo proxecto feito dende colexios de Galicia e Portugal para apoiar a candidatura de Patrimonio Inmaterial da Unesco á cultura galego-portuguesa.

-Finalmente este mes tamén faremos o mastering do recopilatorio de LEILÍA.

FEBREIRO 2005

-O disco de RACK, rapeiro porriñés está requeterematado. Podedes escoitar algo na sección MP3 DO MES.

-O pasado mes gravamo-la Banda Sonora de "Despierta", un corto promovido pola Junta de Andalucía. A música foi composta por Beatriz Alvarez. Este mes mesturarémola.

-Tamén estamos a traballar para o grupo barcelonés LOS FULANITOS DE TAL. Por unha banda mesturaremos un tema para un disco tributo a Aerolíneas Federales que se edita en Perú e por outra banda mesturaremos outros temas que completarán o disco de Rock Porno que teñen a medio facer.

-Seguimos có disco do Coro S.Vicente de Mañufe. Estamos a escomenzar as mesturas ainda que faltanos por gravar unha peza para completalo traballo.

-O disco de BURGAS BEAT tamén está completamente rematado.

-Neste mes de Febreiro faremo-lo disco de CLAN DEVI, formación compostelán capitaneada por David Santomil, o que fora cantante de Drinkin Tinto.

-A segunda parte do mes dedicaremola ó grupo del baixo Miño HEISSEL, grupo revelación o pasado ano, coñecido polo seu enerxético vocalista.

-A EMI salirá a gravar un directo de EL CUBO no Liceum do Porriño.

 

XANEIRO 2005


-FELIZ 2005 dende CDT!! Nos comezamo-lo ano cunhas ganas de currar...tremendas!! Si... que pasa... encántanos o noso traballo!!


-O ano estreámolo coas nosas definitivas novas e flamantes caixas Dynaudio AIR 15/AIR 6 y Subwoofer BASE 12 . Son fantásticas tanto para estéreo como para 5.1. Tamén ampliamo-lo software do System 6000 de TC electronics cos algoritmos Unwrap y MD5 de mastering multicanal.


- Comezaremos este mes por mestura-lo disco de RAC, seudónimo de Rafa, un rapeiro porriñés. Xa temos unha premestura e a cousa promete... pero que moito moito!!


-Seguiremos por grava-la segunda tanda de temas que completará o disco de BURGAS BEAT. Por certo...podedes escoitar algo da primeira parte na sección mp3 do mes.


-Ainda non gravamos esas bandas que nos quedan para o disco de Bandas que estamos facendo dende o verán do 2004. Esperamos telas neste mes.


-O disco do grupo revelación mundial xa está en marcha!! Trátase de FBI (Frente de Baile Ibérico). Polo de agora tan só podemos adiantar que é un grupo numeroso, xa que conta con 15 músicos entre os cales hai seccións de metal e corda, e que fan música disco-funk-soul. En dúas palabras: IM-PRESIONANTE!!


-Masterizaremo-lo novo disco de LEILIA.

-Tamén continuaremos co disco do coro San Vicente de Mañufe.


-A finais do mes comezaremo-la gravación do novo disco de UXIA.

 

DECEMBRO 2004

-Ouh!! o Nadal... esa bonita época onde o alma adquire a súa máxima expresión...pois sí amigos...xa está eiquí outra vez. Para celebralo podedes ver un vídeo de MALVELA na sección Mp3 do mes.

-Este mes continuamos cos novos temas de LEILÍA.

-Fixemos a finais do mes anterior o mastering dos 71 temas que incluirá o CD e mais DVD que o Clube Xabarín da TVG e mais BOA editarán o día 19 de Decembro con la Voz de Galicia. Ademáis de tamén facerlle o 5.1 ó DVD, xestionamos a súa autoría e maila pista interactiva que acompaña ó CD audio. Quedóu un traballo moi entretido, instructivo e requetedivertido.

-Deixaremos tamén rematada a gravación de BURGAS BEAT.

-O coro San Vicente de Mañufe estanos a deixar impactados co disco que están a gravar. Manhatan Transfer: ¡¡Temolar!!

-Neste fermoso mes tamén gravaremos á Banda de Música de Santiago.

 

NOVEMBRO 2004

-Nina, a gata de CDT, acaba de ser nai. Tivo cinco crías.

-Seguimos indagando no 5.1. Estamos completamente enganchados a este son a mailas escoitas Dynaudio.

-O CD e mais DVD de panxoliñas de MALVELA estase a fabricar a toda mecha para que no Nadal todo o mundo poida mercalo. É lóxico...

-O disco de LIBERAL tamén está rematado. Falta que o departamento de vídeo e DVD faga a súa parte de postproducción e autoría respectivamente. Podedes escoitar algo na sección Mp3 do mes.

-Este mes gravaremos e mesturaremos algún tema de LEILÍA para un novo disco que van a editar axiña. Tamén masterizaremos todo o traballo.

-Tamén gravaremos a BURGAS BEAT, grupo que fai 20 años chamábanse COSECHA ROJA e dos cales éramos fans. Estamos deseosos de facer este traballo...

-Este mes tamén escomenzaremos a gravación dos nosos veciños Coral San Vicente de Mañufe.

 

OUTUBRO 2004

-Estamos a traballar xa en 5.1. Para quen non saiba o que quer dicir isto, en poucas palabras podemos dicir que tratase dun sistema de seis altavoces (tres ó frente, dous detrás e máis un subgrave) onde podemos conquerir un efecto envolvente e mais tridimensional do audio, ata tal punto que pode da-la sensación ó ointe de "estar no medio" dos músicos. Nos estamos adquirindo un sistema de monitorado Dynaudio Air de TC Electronics.

- E con este sistema precisamente estamos a mesturar en 5.1 e mais en estéreo un directo que o pasado mes gravamos na XXV Bienal de Flamenco en Sevilla. Trátase dun CD/DVD do cantaor JOSÉ MENESE, o cal será editado por BOA MUSIC.

- O espectáculo de Cantos Na Maré do 2003 xa está nas fábricas de medio mundo. Quedou un traballo impresionante!!

- O traballo dos CARUNCHOS tamén quedóu opiparamente. Podedes escoitalo na sección mp3 do mes.

- Tamén vai moi ben o de LIBERAL. Xa caseque está rematado de gravar e tan só quedannos as mesturas e mais o mastering. Este mes deixarémolo listo.

- Este mes faremos todala postproducción (audio, vídeo e mais deseño gráfico) do disco de panxoliñas que MALVELA editarán este próximo Nadal. Será un CD e mais un DVD moi completo. Moi moi bon!! si señor!!

- Cómo podedes observar, cada vez traballamos máis có vídeo e "pensando na imaxen". Pois este mes tamén faremola postproducción (audio, vídeo e deseño) do disco de Corais da Mariña. Este disco salirá no Nadal e será o primeiro dunha gran colección de corais de Galicia.

 

SETEMBRO 2004

-Este mes deixaremos listo para enviar a fábrica o disco de OS CARUNCHOS que servirá para celebra-lo seu X Aniversario.

-...Ainda que o mes escomenzarémolo traballando con FBI, Fronte de Baile Ibérico, unha formación que esta temporada outono-inverno vai a pegar forte...si...moi forte.

-Este mes mesturaremos a primeira edición de CANTOS NA MARÉ, o espectáculo dirixido por Uxía Senlle que reune a artistas de diferentes países atlánticos que falan galego-portugués.

-Traballaremos moito este mes con UXÍA, xa que tamén ela producirá o segundo disco de MALVELA. Durante a gravación do primeiro, fai dous anos, pasámolo moi ben...

-Tamén gravaremos este mes o disco de LIBERAL, un proxecto capitaneado por Carlos Press, o que fora o cantante do grupo porriñés Callos Louriña. Xa vos contaremos máis no seguinte boletín de Outubro...

-A E.M.I. viaxará este mes a terras da Coruña e mais Lugo a gravar bandas e corais dos discos Bandas do Camiño e Corais da mariña.

-Recomendamos tamén que vos dedes unha volta pola sección mp3 do mes e vexades un vídeo de La Nécora Prodigiosa e mais escoitedes un tema de Rag Dog.

 

AGOSTO 2004

-En Agosto a E.M.I. ten máis traballo que nunca:

Comezaremos por adicar a primeira mitade do mes a gravar un disco das corais da Mariña lucense.

A mediados de mes teremos unha gravación dun gran concerto en directo. Trátase da segunda edición de "Cantos na Maré", o espectáculo que dirixe por segundo ano consecutivo Uxía Senlle e onde reune a grandes intérpretes e compositores que teñen en común pertencer á chamada lusofonía Atlántica.

Tamén coa E.M.I. gravaremos dúas bandas de música (Palas de Rei e Arca) para un disco de Bandas que estamos a facer.

-Ademais do que fagamos coa E.M.I. tamén empezaremos o novo disco de Os Carunchos.

-O disco de Dr.Harapos deixounos impactados. Tedes unha mostra na sección Mp3 do mes.

Tamén rematamos o CD/DVD SON4/80, o disco dos grupos de Porriño dos anos 80. Boísimo!! Xa vos contaremos no próximo boletín.

 

JULIO 2004

-A E.M.I. está totalmente rematada despois da gran reforma técnica que fixemos, e este mes estará todo o rato de eiquí para alá...

Por exemplo faremos un disco de Bandas coa participación da de Sarria, Guntín, Monterroso, Antas de Ulla, Palas, Arzúa e mais Santiago.

-Gravaremos unhas pandereteiras de Vigo. Chamanse "Lembranzas Galegas".

-Tamén este mes gravaremos un disco para o Concello de Porriño de grupos que funcionaron en esta localidade nos anos 80. Alguns de esos grupos son Callos Louriña, La Nécora Prodigiosa, Sobaco Negro e 1969.

-Tamén mesturaremos alguns temas e masterizaremos o disco de Dr.Harapos. A cousa promete...

 

XUÑO 2004

-Seguimos sen fumar...é moi duro...sí...

-Este mes estamos a aproveitar para facer ampliación tecnolóxica da EMI (Estudio Móvil Impresionante). Esta ampliación permitirá pasar de 16 a 40 entradas de gravación; en outras palabras, que xa podemos gravar en directo ós Rolling Stones si é preciso...

-E falando dos Rolling Stones... este mes gravamos a LEILIA.

-Estaremos tamén enrolados en tarefas de composición e arranxos dun excitante proxecto do cal informaremosvoz nunhos meses.

-A finais de mes a EMI irá a Sarria (Lugo) para gravar o concerto en directo de SINIESTRO TOTAL.

-Este mes sae "Fervendo" de RUXE-RUXE. Tedes vídeo/mp3 na sección correspondiente.

 

MAIO 2004

-En CDT estamos a deixar de fumar.

-Xa temos a nova versión de ProTools 6.4. Non podemos estar máis ledos co son que agora podemos ofrecer...


- Este mes sae o novo e flamante disco de Susana Seivane. Foi gravado en CDT durante os pasados Xaneiro e Febreiro. Podedes ver un vídeo feito durante a gravación na sección mp3 do mes.


- Xa está rematado o disco de Sugar Mountain. Pasámolo moi ben con Dan Beird, productor americano do disco, quen estivo toda a grabación dicindo: “¡¡Que carallo!!¡¡Tú tiquismiquis!!

Dan Beird con Nina en CDT.


- Tamén este mes estivemos facendo un traballo para o X Aniversario de Ponte nas Ondas, unha iniciativa que permite un acercamento de escolas galegas e portuguesas ó mundo da radiodifusión. O traballo en cuestión foi a gravación dun tema gravado conxuntamente por Treixadura e mailos Gaiteiros de Lisboa. Podedes ve-lo vídeo desta bonita gravación na sección Mp3 do mes.


- En maio comezaremos por rematar as mesturas e mailo mastering do disco que Antón Seoane, membro de Milladoiro, está a facer cunha colección de cancións para cativos. O disco será editado por Discmedi.


- Este mes faremos unha maqueta de Ninguno, un grupo de Baiona con influencias de Deftones.

-Tamén faremos un disco a Banda de gaitas "Novos Aires" de Couso, Gondomar, Pontevedra.


- A EMI viaxará a Santiago para gravar un festival de hip-hop.


- A fináis de mes a EMI gravará en Mondoñedo (Lugo), un concerto en directo do pianista de jazz galego Abe Rábade. Esta vez a formación será en sexteto.

ABRIL 2004

- Este mes rematamos o disco da Orquesta da Universidade Popular de Vigo, SonDeSeu. Orquesta de caracter tradicional capitaneada por Rodrigo Romaní e Anxo Pintos.

- SUGAR MOUNTAIN. Despois da sorpresa que nos deron en Xaneiro con aquela preproducción gravada nun día, teremos o gusto de gravarlles o disco con tempo e coa inestimable compañía de Dan Beird (Georgia Satellites, Yahoos...) que se ocupará da producción.

- O disco de "Corais do Camiño" vai tomando forma, tanto as mesturas de audio como a montaxe de video están na fase final. Neste momento o proxecto está parado debido a que estamos inmersos en outros traballos pero esperamos ter todo finalizado e listo para fabricar a finais de més. Este traballo principalmente musical, tamén se adentra no apartado de cultura xeral ofrecendo unha humilde visión do que é o Camiño de Santiago galego dende o seu comenzo no Cebreiro ata Santiago de Compostela.

- E se o que buscamos son as orixes da nosa música tradicional non perdades a pista do disco de Millarada. Este més quedará listo para fabricación. Xa comentamos nos meses anteriores que este é un disco gravado en directo polo que conserva a frescura que un grupo tradicional necesita tan votada en falta nos discos de estudio.

- Antón Seoane membro fundador de Milladoiro vai mezclar un traballo este mes coa colaboración de Anxo Pintos.

- SINIESTRO TOTAL están gravando novos temas. O mes pasado se gravaron tres e nun deles colabora Luís Tosar coa súa dulce vocecita.

- Xa está listo o disco de Vado Permanente, podedes escoitar un tema deste traballo na sección Mp3 do mes.

MARZO 2004


- O disco de Susana Seivane está totalmente rematado. Sairá pronto para as fábricas e en pouco tempo poderedes saborealo. ¡¡Impresionante!!


- Xa está gravada a segunda fase do disco de SonDeSeu, ou o que é o mesmo a Orquesta da Universidade Popular de Vigo. Interesantísimo traballo que mesturaremos en Abril.


- En Febreiro fixemos a gravación coa EMI de Millaradas, un cuarteto tradicional formado por compoñentes de Noitarega e Os Carunchos. A gravación foi feita nun furancho de Matamá… un lugar perfecto para gravar discos de esta índole. Este mes mesturaremos e pasteurizaremos esta alegre gravación.


- Tamén en Febreiro fixemos unha gravación do Himno de Familias Mundi en Noia. Foi interpretada pola Banda de Lousame, a Coral Polifónica de Noia e dirixida polo fantástico músico Prudencio Romo, quen foi membro de Os Tamara. Neste mes mesturaremos ese traballo.


- Estamos inmersos nun disco promovido por PAI chamado “Coráis do Camiño”. Coma o seu nome indica, é un disco das coráis que están nas localidades do Camiño coma os monxes do Monasterio de Samos, as coráis do Convento dos Mercedarios e “Sarricanta” de Sarria, Guntín, Monterroso, Palas, Melide e Santiago. Tremendo traballo de campo que saírá a luz no próximo mes de Abril cunha longa pista CDVídeo.


- A primeira quincena de Marzo a dedicaremos a facelo disco de Vado Permanente, un grupo de Vilagarcía de Arosa que promete moitísimo.


- A segunda quincena será para os nosos amigos de RUXERUXE. ¿Qué se pode dicir deles? Farían falta moitas páxinas…Nos podemos decir que estamos ansiosos de facer este traballo porque no anterior disco pasámolo chachipiruli. Visitade a súa güeb.

 

-Tedes un Mp3 da preproducción de SUGAR MOUNTAIN na sección Mp3 do mes.

FEBREIRO 2004

- Rematamos o disco de Fermento nas primeiras semáns de Xaneiro cun resultado demoledor. Este mes podedes descargar na sección Mp3 do mes un video da gravación dun dos temas.

- Rematado está tamén o traballo de Sonámbulos. Podedes escoitar algo deste traballo en Mp3 do mes .


- Tamén fixemos a preproducción de Sugar Mountain. É un grupo de Rock sureño que virá a gravar o seu disco en Abril e será producido por Dan Beird, unha lenda viva que formou parte entre outros dos Georgia Satellites e produxo a xente coma Chris Knight.

Isaac (Sugar Mountain).


- Xa case está rematada a gravación do novo disco de SUSANA SEIVANE. Este mes tamén o mesturaremos e pasteurizaremos.


- Tamén gravaremos este mes a segunda e definitiva fase do disco da Universidad Popular.


- A EMI viaxa a primeira semán de Febreiro a Matamá para gravar en directo a MILLARADA, un cuarteto tradicional.

XANEIRO 2004

- Feliz 2004!! Seguro que será un moi bon ano para a música!!

- De feito o 2003 foi moi bon ano para CDT; así o foi recoñecido ó ser otorgado o premio ó mellor productor artístico do ano a Segundo Grandío de CDT. Iste premio foi concedido polo programa "EL MAKETÓN" da Cadea SER.

O galardón de "El Maketón Estrella Galicia Cadena Ser".

- Este ano escomenzaremos estrenando dous novos aparatos para reforza-la calidade que CDT ofrece: tratase de 4 canales de previo clase A incluidos no modelo Focusrite ISA 428 e máis o Loudness Maximizer de SPL, ferramenta tremendamente efectiva en labores de mastering.

- O disco de Brañas folk xa está na fábrica e pronto poderá ser distribuido por todo o universo. Tedes unha mostra de este traballo na sección Mp3 do mes.

- Xa rematamos a gravación de SONÁMBULOS. Mesturaremos nada máis enceta-lo año (despóis das uvas).

- Gravaremos o que nos falta do tema de APHONNIC para a banda sonora da película...

- Neste primeiro mes do ano remataremos a gravación e mesturaremos o disco de FERMENTO.

- Mesturaremos a primeiros de mes o novo disco de XIL RIOS.

- Tamén escomenzaremos este mes o novo disco de SUSANA SEIVANE. Andaremos metidos neste apaixoante traballo gran parte dos meses de xaneiro e febreiro.

DECEMBRO 2003

- O disco de Brañas Folk está prácticamente rematado. Este disco incluirá unha suxerente pista interactiva cun video musical filmado no estudio.

- Outros que tamén levan pista interactiva con video musical son Pandora. Este mes se fabrica o disco do que tedes unha mostra na sección mp3 do més.

- Tamén rematamos o tema para o video promocional con XOSE MANUEL BUDIÑO. Este traballo poderedes escoitalo e velo o 1 de Xaneiro as 00:10 horas na primeira de TVE.

- Este mes gravaremos a maqueta de SONÁMBULOS, unha formación que promete ser moi interesante.

- Tras moitas voltas na busqueda de datas adecuadas, este mes gravaremolo disco de Fermento, resumindo podemos decir que o estilo que practican é Brutal Death pero se queres saber máis....visita a súa páxina oficial.

- APHONNIC volven ó estudio para gravar unha versión. O mes que ven daremos máis información. ¡¡Ides flipar colegas!!

NOVEMBRO 2003

- Xa está rematadísimo o disco en directo de OS CEMPÉS. Podedes escoitar algo na sección Mp3 do mes.

- Estivemos gravando un tema para o vindeiro disco de UXÍA. Aparte de cantar e máis gravar unha guitarra, CHICO CESAR produxo esta gravación.

- Este mes estamos a facer o disco de BRAÑAS FOLK. Estaremos ocupados gran parte do mes con este traballo.

- Teremos que ir coa EMI ata Fisterra para facer unhas gravacións de XOSE MANUEL BUDIÑO para un vídeo promocional. A gravación farémola nunha casa de turismo rural. Posteriormente mesturaremos este traballo.

- A fináis de mes tamén lle gravaremos unha maqueta ó grupo coruñés KAIM. Trátase dun grupo que fai unha música con poderosas bases aderezadas con ricas melodías.É o que eles chaman "rare metal".

OUTUBRO 2003

- O disco de XOSE MANUEL BUDIÑO está finiquitado. Quedóu caralludamente!! Xa o escoitaredes!!

- Despóis de gravar o directo de OS CEMPÉS a fináis de Septembro escomenzaremos este mes postproducíndoo. Podemos adiantar que os concertos foron un éxito rotundo e así quedará reflexado no seu flamante disco en directo.

- Tamén virá este mes o grupo gaditano LOS CUCAS a gravar o seu terceiro álbum. O productor Gugu Martínez dirixirá este traballo.

- A fináis de mes escomenzaremos o disco de BRAÑAS FOLK, un proiecto impulsado polo gaiteiro ourensán Manuel Brañas.

- Xa temos practicamente rematado o disco de IN NOMINE. Tan só falta mastering. Podédes escoitar "MITHOS" na sección Mp3 do mes.

SEPTEMBRO 2003

- Comezaremos o mes por insertar e mezclar novas aportacións no que será o novo disco de XOSÉ MANUEL BUDIÑO. Despóis o masterizaremos.

- Remataremos tamén os novos temas de LOS FULANITOS DE TAL que completarán o disco que este grupo barcelonés editará con motivo do FESTIVAL ERÓTICO DE BARCELONA.

- Ainda que no boletín de Agosto non vos informamos por ser un traballo de última hora, fixemos unhas gravacións en Pontevedra coincidindo coas festas da peregrina de dous espectáculos en directo cunha unidade móbil provista de un Pro Tools HD3 cun gran surtido de previos de micro e espliter de señal. Os espectáculos foron "CANTOS NA MARÉ" e "HOMENAXE A ALEXANDRE BÓVEDA" os días 16 e 17 de Agosto . O primeiro foi un espectáculo dirixido por Uxía Senlle onde se pretendía reunir a varios artistas que comparten o que eles denominan "lusofonía Atlántica". Foi unha bonita reunión onde estaban entre outros Chico César coa súa banda (Brasil), Manecas Costa (Guinea), Filipa Pais (Portugal), Astra Harris (Mozambique), Batuko Tabanka (Cabo Verde), Xavier Díaz e Oscar Fernández (Galicia). O HOMENAXE A ALEXANDRE BÓVEDA estivo plantexado dende unha base musical a cargo do grupo NA LÚA onde contaron con invitados como María Manuela, Pilocha, A Quenlla, Mercedes Peón, Fía na Roca e interlocutores entre os que estaban Álvarez Cácamo e Xurxo Souto.

- Tamén nos poñeremos a traballar nun novo proxecto de música disco-funk. Informaremos deste apaixonante proxecto en sucesivos boletíns.

- Este mes mesturaremos o disco de IN NOMINE.

- Este mes gravaremos outra canción de PANDORA.

- A finais de mes gravaremos o disco en directo de OS CEMPÉS. Será durante dous días no auditorio do Concello de Vigo.

 

AGOSTO 2003

- Este mes gravaremos unha maqueta de NON SENSE CROWD, un xoven grupo de Vigo con tendencias punk-garaxeiras.

- Ainda non rematamos o disco de In Nomine. Faltan grava-las voces...e mesturar... Seguro que en Agosto o rematamos.

- Estivemos en Xullo gravando a Los Fulanitos de Tal en Barcelona e mesturándoos en CDT. En Agosto mesturaremos 4 temas máis que completarán o LP que en Septembro salirá coincidindo co Festival de Cine Erótico de Barcelona.

- Tamén gravamos en Xullo en directo a impresionante actuación que Xosé Manuel Budiño ofreceu no XXV Festival Intercéltico de Ortigueira. Parte diste concertazo poderédelo escoitar no próximo disco de este gran músico de Moaña. Faremos as mesturas do directo en Agosto.

- ILAH gravarán outra bonita composición este mes.

- Tamén este mes faremos unha gravación a APHONNIC que con moitas probabilidades será utilizada para unha longametraxe dun coñecido realizador galego.

- A fináis de mes tamén gravaremos un tema para o novo disco do grupo OH PANDORA.

XULLO 2003

- De este mes non pasa!! Remataremolo disco de In Nomine.

- Este mes tamén saen os discos feitos polas distintas formacións das Sociedades Culturáis de Vincios e Bembrive, ambalas dúas da provincia de Pontevedra. Foron gravadas coa EMI e mesturadas e masterizadas en CDT.

- O ano pasado gravamos a Nao d´Ire. Este mes fixemos algúns retoques e sae o disco a venda editado por un selo que eles mesmos crearon: MESTREFLUTE RECORDS. Tedes "ALALAICO", un bonito alalá na sección Mp3 del mes.

- Este mes acercaremonos ata Barcelona para gravar o próximo disco de LOS FULANITOS DE TAL. Este grupo punk fará este disco para o Festival Porno de Barcelona, por tanto a temática xa está clarexada. Mesturarémolo en CDT a fináis de mes.

 

XUÑO 2003

- Finalmente, a saída do disco SILENNCE de APHONNIC será o día 9 de este mes de Xuño.

- Tamén remataremos este mes o disco do grupo de rock progresivo In Nómine.

- Outro disco que tamén faremos: o da orquestra da Universidade Popular de Vigo.

- Saliremos coa E.M.I. (que por certo estrea un bonito ordenador iMac 1Ghz de 17 pulgadas), a gravar a todalas formacións da Asociación Cultural de Bembrive. Despóis faremos a mestura do audio e maila edición do vídeo no estudio A de CDT.

 

MAIO 2003

- Este mes temos que escomenzar por contar que os primeiros traballos de PAI, o selo que fixemos dende Casa de Tolos, saen a la luz. A destacar o disco "SILENNCE" de APHONNIC. A partires do día 20 de Maio poderédelo mercar nas tendas, pero a partires do 10 poderédelo mercar na web de PAI.

 

- Este mes remataremos de grava-lo disco de In Nómine e o mesturaremos.

- Tamén faremos unha gravación coa E.M.I. de un grupo folk de Bembrive (Vigo) para ser usada nun programa de TV.

- Os discos de Urbano Cabrera, Rodrigo Romaní e Mercedes Peón están completamente rematados. Todos ele son obras maestras. Tédes un Mp3 de Urbano Cabrera na sección Mp3 do mes.

- Finalmente tamén está na fábrica o disco "Marea de música". Este disco, feito parcialmente eiquí, donde os músicos galegos dan as gracias pola solidaridade recibida ante a desgracia do Prestige será repartido por varios periódicos a mediados de mes.

- Tamén finaremos (mesturas e mastering) o disco que a E.M.I. grabóu o mes pasado na Fonsagrada do gaitero César.

- No estudio B estaremos preparando cancións de ESEELE e de Silvia Nieto para a editorial de SONY MUSIC.

ABRIL 2003

-Xa acabada a gravación de Urbano Cabrera tan só queda mesturar, este mes finalizaremos este traballo.

-Tamén está en marcha a gravación de In Nomine..Están gravadas as baterías e agora desplazarémonos coa E.M.I. o seu local de ensaio para gravar guitarras, baixos e voces.

-A finais do mes pasado mesturamos dous temas do grupo de Barcelona LOS FULANITOS DE TAL que van ser utilizados un como sintonía e outro como banda sonora dunha cortametraxe. Podedes escoitar este último na sección MP3 do mes.

-Tamén gravamos a finais do mes pasado un novo tema de APHONNIC que incluirán no disco que sacarán a primeiros de Maio.

-Seguimos coas mesturas de Budiño. Xa casi están a punto...

-A E.M.I. voltará a Fonsagrada a gravar a outro gaiteiro. O traballo de Xosé Marente ficou espectacular, pronto estará no mercado editado por Edicións do Cumio.

-En Abril mezclaremos o novo disco de Rodrigo Romaní. Será un disco dedicado a Avilés de Taramancos, poeta de Noia no que recae este ano a celebración do Día das Letras Galegas.

-Tamén faremos este mes o novo disco de MERCEDES PEÓN.

-A finais de mes visitarán o estudio PUNTOMATIC. É unha nova formación de Pontevedra, ainda que un dos seus componentes, Oscar Tercero ( coñecido de CDT pólo seu traballo con MONDOCANE) é un donostiarra de toda a vida. Seguro que nos ofrecerán un pegadizo e poderoso poprock. Xa vos contaremos...

 

MARZO 2003

- O disco de Leilia xa está rematado. Pronto o teredes nas tendas especializadas.

- A gravación coa E.M.I. (Estudio Móvil Impresionante) da Rondalla, Banda de Gaitas, Pandereteiras e Banda de Música de Vincios foi un rotundo éxito, a gravación tamén viuse favorecida pola magnífica acústica do auditorio do Centro Cultural de Vincios. Neste mes de Marzo mezclaremos e masterizaremos os traballos. Vai quedar un discazo...pero mentras, podedes escoitar algo na sección Mp3 do mes.

-Seguimos mezclando o disco de X.M. Budiño. Está quedando relindo!!

- Xa casi está rematado o disco de NUNCA MÁIS. Este disco foi gravado eiquí e máis en outros estudios de Galicia e Madrid. Eiquí tamén masterizaremos todo-los traballos. Neste disco participan Os Diplomáticos de Montealto, Siniestro Total, Ruxe Ruxe, Killer Barbies, Kannon, Carlos Jean, Luz Casal, Los Piratas, Victor Coyote, Toñito de Poi & Kim García, Luar na Lubre, Emilio Cao, Carlos Nuñez, Fuxan os Ventos, X.M. Budiño, Anxo Pintos & Alfolíes, Pancho Álvarez, Na Lúa, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Juan Rivas, Los Suaves, Os Cempés...

- Este mes gravaremos o terceiro disco de URBANO CABRERA. Xa vos contaremos...

- Tamén In Nomine, o grupo de rock progresivo virán a gravar iste mes.

- Gravaremos a final de mes unha maqueta a Rag Dog, un grupo xoven de Vigo influenciado polo rock alternativo dos 90, Nirvana, Silverchair, Smashing Pumkins...Non vos preocupedes...saberedes deles.

- A unidade móvil tamén ten curro en Marzo: por fin gravaremos nas terras de Fonsagrada a Xosé Marente e en Ordes gravaremos a outro gaiteiro. Despois postproduciremos estes traballos no estudio A.

- E no estudio B, Laura estará este mes arreglando temas de Silvia Nieto para a editorial Sony Music.

-O marxen do que suceda en CDT en este mes temos outra noticia, a finales do mes pasado constituimos un selo discográfico. Chámase P.A.I. (Producciones Audiovisuais Inxeniosas). Varios son os motivos que nos levaron a creación do selo entre os que poderiamos destacar a curiosidade e a investigación no mundillo discográfico, a intención de facer cousas que outros non son capaces de facer ou intentar, o poder dar covertura a formacións e artistas que non poden editar os seus traballos , ou poder utilizar medios inxeniosos (xa que económicos lamentablemente non os temos) para dar a coñecer nosas publicacións, e ademáis poder facer os traballos en equipo cos artistas de tal modo que nos implicamos todos nunhas mesmas metas con obxetivos compartidos. Estamos xuntando un gran equipo de colaboradores en terrenos de diseño (gráfico/web), promoción, vídeo/fotografía...asimismo DISCMEDI será a distribuidora dos nosos traballos. Pronto saberedes moito máis na sua páxina web.

 

 

FEBREIRO 2003

- O disco de Queno está totalmente rematado. Quedou simplemente perfecto, tal e como sona.

- Continuamos as mezclas de Leilia. Por agora van vento en popa.

- Imos facer unha versión "trance" de aquel tema que fixeramos para TURGALICIA.

- Estamos tamén rematando a parte que nos toca do disco que a plataforma NUNCA MÁIS está facendo para agradecer a solidaridade que o mundo mostrou ante a catástrofe do barco de marras. Por agora xa traballamos con Fuxan os Ventos, Na Lua, Rodrigo Romaní e os Diplomáticos de Montealto. Agora virán Siniestro Total, Budiño, Susana Seivane e Pancho Alvarez. Posteriormente masterizaremos o disco completo.

- Ainda que non son para este disco fixemos outros traballos para outros discos solidarios como é o caso de Túzaros e Beladona.

- Tan só falta masterizar o disco de APHONNIC. As mezclas quedaron fantásticas, tedes a proba na sección Mp3 do mes.

- Este mes tamén mezclaremos o que será o próximo disco de X.M.Budiño.

- A E.M.I. (Estudio Móvil Impresionante) salirá este mes a gravar a Banda e Agrupación de Gaitas de Vincios e a Rondalla de Vilaza. Tamén irá a fonsagrada a gravar a Xosé Marente, esperemos que esta vez a neve non impida a gravación como sucedeu en Xaneiro.

- Tamén a E.M.I. desplazarase ata o ensaio de Urbano Cabrera a gravar unha preproducción do que será o novo disco do cantautor que se gravará en Marzo.

 

XANEIRO 2003

¡¡Feliz ano novo!! Desexamos dende CDT que este ano sexa o máis propicio para a música e a industria discográfica. Este primeiro mes xa o recibimos axitado:

- Comezaremos por gravar unha maqueta dun grupo do que ainda non podemos desvelar o nome, e que con influencias de grupos como Blind Melon ou Red Hot Chili Peppers serán os que estrenen o novo ano en CDT. Decidiron formar o grupo a noite de fin de ano do 2001 e o día seguinte comenzaron a ensaiar con resaca incluida nos locáis de López Mora en Vigo. Nos sucesivos boletíns teredes máis informanción e probablemente mostraremos algo da súa música en Mp3.

- Continuaremos por gravar as seccións de metal do disco de QUENO. Ainda que este disco está practicamente rematado queda por ver o que farán os METALES PRECIOSOS, que como mínimo será excelente. Tedes "ATAQUE DE VÉRTIGO", un tema do novo disco de QUENO, na sección Mp3 do mes. Luxo asiático.

- A E.M.I. (Estudio Móbil Impresionante), comezará unha serie de gravacións de gran atractivo promovidas por Edicións do Cumio. Trátase dunha colección de gaiteiros. Comezaremos por gravar a XOXÉ MARENTE, un músico residente en Fonsagrada (Lugo). Acercarémonos a esta montañosa localidade para gravar na casa do intérprete acompañado dunha sección rítmica tradicional. As mezclas e o mastering farémolas no estudio A de CDT. Estamos ansiosos por comezar estes apaixonantes traballos.

- Faremos tamén un remix do tema que o ano pasado gravamos para TURGALICIA.

- A mediados de mes aproximadamente comezaremos as mesturas de APHONNIC, un grupo de NEW METAL, é dicir, de metal moderno. Utilizan samples, teclados, buscan texturas e intensidades. Para que vos fagades unha idea referencian a grupos onda KORN. "Un gran grupo de Vigo" escribíu alguén que sabía escribir de música.

- Tamén mesturaremos o terceiro disco de LEILIA, que para este disco contan coas letras de Suso Toro. Se queredes saber máis delas podedes pinchar eiquí..

NOVAS DE ULTIMA HORA

-Este mes faremos a gravación dunha canción do grupo OS TÚZAROS.

-Escomenzaremos a facer coa E.M.I. un disco da Asociación Cultural de Vincios (Pontevedra)

 

DECEMBRO 2002

-- Unha vez máis as nosas augas volven a ser o vertedeiro Atlántico. Dende eiquí queremos amosala nosa tristeza e desexo de que NUNCA MAIS repitanse esceas coma a do PRESTIGE. Aparte do impacto social, económico e medioambiental que provocan este tipo de acontecementos, o noso mar é fonte de inspiración de moitos artistas gallegos.

- Estamos caseque no Nadal. Cóma cada ano, a referencia nosa é "Vitaminavidad", o disco feito pola "Factoría do son" e cun claro aire navideño. Iste año, facemos unha edición especial 2002:estrenamos nova portada, un novo título e unha nova distribuidora. A portada xa a veredes cando merquedes o disco, bueno, tamén podédela ver eiquí. O novo título é "SI NON NOS VEMOS...FELIZ NADAL"(ARTISTA:CORO INFANTIL DE MAÑUFE), e a distribuidora será DISCMEDI. O ano pasado fixemos un video clip que podédelo descargar na sección Mp3 do mes.

- Estamos a facer o disco de Queno. Neste intre, e coas bases gravadas, xa podemos adiantar que non ten precedentes na música do noso país, e o resultado, sen dúbidas, será do máis elegante. E se non, xa o verédes...

- As mesturas de Fuxan Os Ventos están en DIGITAL DOMAIN donde Bob Katz está facendo coma sempre, das súas. Poderedes escoitalo, e por suposto disfrutalo a partires do 20 de este mes. Este mes tamén salirán caseque todolos discos que estiveron a facerse ultimamente en CDT: RUXE RUXE, MALVELA, IRTIO, PEPE VAAMONDE GRUPO, DEMON DAGGER, FERNANDO LLORCA, DE PANO SEDÁN... e algún máis do que agora non nos lembramos... Bos tempos para a producción galega. Agardemos polo seu ben que tamén sexa bon tempo para a venda de música (galega sobor de todo)...

- A UMA (Unidade Móbil Áxil) de CDT estivo a grabar no II Memorial Enrique Macías de Musica Contemporánea. Estamos emocionados co noso Pro Tools ambulante. Sona moi moi bén. Durante os meses de Xaneiro e Febreiro poñeremos un precio promocional moi interesante para gravar maquetas e preproduccións nos locais de ensaio. Se querédes informaros dirixídevos a info@casadetolos.com

- Estamos tambén a grabar novas cancións de O SON DA EIRA.

NOVEMBR0 2002

-ATENCION!! ¡¡CASA DE TOLOS XA TEN UNIDADE MOBIL!!
Efectivamente donas e cabaleiros!! ¡¡Xa estamos a piques de rematar e máis estrena-la nova unidade móvil de Casa de Tolos!!. ¡¡Xa podemos sair da cova!! ¡¡Xa podemos gravar orquestras sinfónicas en teatros e auditorios!!¡¡Xa podemos gravar coráis en catedráis!!¡¡Xa podemos gravar a grupos nos seus locáis de ensaio!!¡¡Xa podemos gravar o disco de Xarín no Incio!!¡¡Xa podemos, por exemplo, gravar unha sevillana en Toledo!! ¡¡Xa podemos gravar unha banda municipal no templete da praza maior!! ¡¡E ADEMAIS PODEREMOS POSTPRODUCILO EN CASA DE TOLOS!! ( si é que queremos facelo ben...).
Ista unidade pódese desplazar a calquer parte da península, e utiliza polo de agora, un sistema de gravación dixital Pro Tools versión LE de 32 pistas 24 bits@96 kHzs.
Poñerémola a funcionar os días 18, 19 e 20 de Novembro no II Memorial Enrique Macías de música contemporánea. Iste farase no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.

 

- O disco de PEPE VAAMONDE GRUPO debe estar nestes momentos nas plantas de fabricación para que o podádes disfrutar pronto. Seguro que Bob Katz fixo o propio no seu mastering. Estamos desexando telo e disfrutalo.

- ¡¡Que bonito traballo fixeron as mulleres e músicos acompañantes de MALVELA!! Amosaron unha grande sensibilidade na súa interpretación de estudio e o seu disco quedou cóma pra gañar un Grammy. Edicións do Cumio estrenarao mundialmente no Nadal.

- Iste mes faremos o agardado disco de QUENO. Os arranxos están a punto e tan sóio faltan as aportacions que os grandes músicos que gravarán o disco fagan. Seguro que rematará impecable.

- Tamén virá Cristina Pato a facer algunha gravación, non para o seu próximo disco niste caso. Será para un traballo de música contemporánea que ista inquieta artista está a preparar. Cóma pouco estamos a esperár iste traballo con gran espectación.

- Outro traballo que rematamos en Outubro e que xa centos de compañías discográficas estanse a subastalo é a maqueta de SILVIA NIETO, que cómo sabédes é unha xoven compositora viguesa. Iste mes escollimos "VIVIR SIN TI" na sección MP3 DO MES.

- Tamén faremos neste mes unhas grabacións adicionais (percusions de Carlos Castro) e as mesturas do disco co cal o lexendario grupo lucense "FUXAN OS VENTOS" obsequiarannos no Nadal. A istas alturas, e despois de 30 anos xa pouco queda por decir de FUXAN OS VENTOS. Pero si queredes saber mais aquí tedes 207 links referentes a eles.

OUTUBRO 2002

-Durante o mes pasado fixemos notables trocos técnicos no estudio A. Por unha banda fixémonos coa nova xeración de ordenador Macintosh G4 de doble procesador 1 GHz e un novo monitor TFT Sony de 18 pulgadas (é mais bonito...) e por outra banda fixémonos con un novo procesador de efectos Eventide H3500. Continuamos insistindo na nosa constante mellora...cóma debe ser!!

-Xa rematamos o disco de PEPE VAAMONDE GRUPO. O día 7 as mesturas saen para Longwood (Florida), donde Bob Katz ten o seu estudio e onde o vai masterizar. No Nadal poderédes escoitalo. Será publicado por Discmedi.

- Este mes gravaremos a MALVELA. É un grupo de cantareiras que surdiron da Asociación de Mulleres Ruráis de Mos e que dirixidas por UXIA SENLLE e acompañadas por instrumentistas da altísima talla de Juán de Irtio farán unha interesantísima proposta baixo o amparo de Edicións do Cumio.

- Ruxe Ruxe remataron totalmente o disco e nestes momentos débense estar a facer centos de miles de unidades nas plantas de fabricación de medio mundo. Tédes unha impactante mostra do novo disco na sección Mp3 do mes.

- Tamén teremos que facer uns arranxos, gravación e mesturas dun traballo dunha xoven e inquieta compositora viguesa. Chámase Silvia Nieto e atención a ela porque se cadra dentro de pouco é máis famosa que Madonna!!

- Iste mes tamén poñerémonos a traballar duramente no novo disco de Queno. Temos que deixalo listo para grabalo en Novembro.

- O día 12 remataremos as novas cancións que o equipo de creación S&L están a facer pra que señan "HITS" discográficos na vindeira temporada¡¡ Prepárate Bisbal!!

-Temos que facer un par de traballos a fináis de mes que ainda están sin confirmar. Daremosvos detallada información en canto a teñamos.

SETEMBRO 2002

-Tedes "Batillus", un tema de DEMON DAGGER na sección MP3 do mes. Como sabedes este disco foi grabado en CDT en xullo e masterizado en agosto.

-A maior parte do mes ocuparémonos da gravación do gaiteiro PEPE VAAMONDE. Iste músico destaca pola súa interpretación e sobre todo polas súas composicións xa coñecidas ó ser interpretadas por outros artistas. O disco será editado por Discmedi.

-Xa están rematadas as mesturas de RUXE RUXE. Tan só faltannos o mastering, o cal faremos a comezos deste mes. Este disco será editado por Clave records.

-Fixemos a finais de Agosto a grabación de SINIESTRO TOTAL do popular "CORRECAMINOS". Este tema será un dos que incluirá un disco benéfico, e salirá baixo o selo de BMG Ariola.

-Tamén estivemos en Agosto comezando o novo traballo de Xose Manuel Budiño. O inicio non puido ser mellor, xa que neste caso contou coa colaboración nin máis nin menos que do grupo escocés CAPERCAILLE.

-O estudio B tamén ten moitísimo traballo este mes: por un lado daremos un cursiño de grabación/edición en estación dixital, por outro lado S&L rematará un montón de cancions de editorial e por último comezaremos a traballar intensamente en tarefas de arranxo para o novo disco de Queno&Malos Hábitos.

AGOSTO 2002

-O disco de "OS DIPLOMATICOS DE MONTEALTO" xa está totalmente rematado. En Septembro verá a luz. Altamente recomendado.

-Tamén rematamos en Xullo o de DEMON DAGGER. Alto power!!! Agardamos poder amosarvos algún tema na sección Mp3 do mes na edición de Setembro.

-Neste mes de agosto escomenzaremos por grava-la aportación de Siniestro Total á banda sonora dunha película. ¿Qué película? Xa vos diremos de que película se trata.

-A mediados de mes faremos a gravación do grupo compostelán RUXE RUXE. Será o seu segundo disco e do cal terémosvos informados en sucesivos boletíns.

 

XULLO 2002

-Xa están rematadas as mesturas do esperado disco de Os Diplomáticos de Montealto. Todavía quedarannos algúns retoques finais e maila edición e a mediados do mes salirá o traballo cara Digital Domain para que Bob Katz o masterize. Ainda que falta o proceso de masterización, tedes "QUERO VER" na sección Mp3 do mes.

-Tras unhas pequenas e merecidas vacacións (primeira semana de Xullo) retomaremos a actividade con pequenos traballos que temos pendentes e a partir do día 15 e ata finais de mes faremo-lo disco de DEMON DAGGER, unha potente formación metal portuguesa que promete ser espectacular. Se queredes saber máis podedes visita-la súa web.

 

XUÑO 2002

- Ainda que faltan algúns retoques finais, xa está a funcionar o ESTUDIO B coa súa sala de gravación/local de ensaio. Actualmente estamos a traballar neste estudio con S&L. É un equipo que está a facer un banco de cancións dirixindo todo o proceso de composición, arranxos e máis realización. As composicións de S&L pertencen a editorial de SONY MUSIC.

- Os discos do Coro Clásico de Vigo e do batería de jazz Fernando Llorca están case que rematados. Deste último traballo subliñamos as novas tomas de saxo que fixo Roberto Somoza.¡¡Boísimas!!

- Tamén quedaron moi bén os traballos de Heredeiros da Crus e máis O Son da Eira. O primeiro dos traballos era unha preproducción da cal veremos nos próximos meses as súas consecuencias (seguro moi positivas). O disco de O Son Da Eira, ainda só en versión promocional, xa está na rúa. Tedes "OBSESIÓN", un fermoso tema interpretado por O Son da Eira na sección Mp3 do mes.

- A primeira semana de Xuño estará ocupada por Mondo Cane. Baixo iste sobrenome hai un inxenioso creador electrónico con tendencias POP do cal daremos habida conta en sucesivos boletíns. Ata o momento podemos dicir que parecenos un traballo moi innovador.

- Faremos tamén neste mes grabacións para o novo disco de Carlos Núñez. Iste novo traballo atópase na súa primeira fase, o artista compaxinará a gravación coa súa xira. Neste caso faremo-la gravación de bases (baterías e baixos maiormente).

- E por fín tamén teremos os encontros na terceira fase do disco de Os Diplomáticos de Montealto. Será a última fase, a cal incluirá ademáis da gravación de tres temas que faltan, a gravación de certos instrumentos en temas da primeira e segunda fase e máis a sección "artistas invitados". Esperamos te-lo disco rematado totalmente a fináis de mes e diste modo enviarllo a Bob Katz (Digital Domain) a primeiros de Xullo para que sexa masterizado.

MAIO 2002

- O novo ProTools HD3 con convertidores Digidesign 192 I/O y 96 I/O xa está instalado en CDT. Dispoñemos dos mellores pluggin para optimizar os resultados. Aproveitamos tamén para facernos con oito novos canais de previo (PreSonus) e facer tamén melloras acústicas na sala grande de gravación.


- Xa rematamos as gravacións do Coro Clásico de Vigo. Sóio falta mesturalo. Será espectacular...


- Tamén rematámo-la gravación de “O Son da Eira”, unha peculiar formación galego/cubana que do seu traballo tan só nos faltan as mesturas e mailo mastering.


- Fíxemo-las mesturas do disco de “Fulanitos de Tal”,. Iste grupo barcelonés, tras gravar nun estudio da cidade condal viñeron a fináis de Abril a CDT. Tedes a vosa disposición o tema “Monotonía” na sección MP3 do més.


- Iste mes tamén virán “Os Heredeiros da Crus” a gravar voces , coros e metais do traballo que temos empezado dende fai dous meses.


- Ademáis faremos encontros na segunda fase do disco de “Os Diplomáticos de Monte Alto”. A primeira fase foi sobresainte. A segunda será de Matrícula de Honor.


- Dado que ainda non saíu o disco do batería de jazz Fernando Llorca , aproveitaremos para facer algunhas melloras a finais de mes.


- Por máis que o intentamos non poidemos rematar o estudio B. Estará totalmente rematado a mediados de més. Mentras, podedes ver un par de fotos do seu estado actual.

 

ABRIL 2002


-O día 15 diste mes sae o disco triple“Quienes somos? De donde venimos? A donde vamos?” de Siniestro Total. Para saber máis remitimosvos as novas de Xaneiro e Febreiro ou a www.siniestro.com


-Estamos a punto de remata-lo disco de Drinkin Tinto. Tedes un mp3 sin masterizar no Mp3 do mes.


- Faremos máis sesións do Coro Clásico de Vigo .


- ATENCIÓN, POR FAVOR: iste mes ( a fináis) estrenaremos un estudio B o cal utilizaremos cómo estudio de creación, composición, programación e tareas complementarias de Casa de Tolos (A) cómo copias de seguridade, back up... e todo o que Laura queira. Haberá fotos e datos técnicos no próximo boletín de Mayo.


- Asímesmo, e no noso afán de mellorar a calidade dos nosos servicios, faremos cambios técnicos e estructurais en CDT. Entre eles destacamos o cambio de Pro Tools Mix Plus ó sistema HD3 con convertidores que poden gravar ata 192 kHzs. Isto quere dicir que ainda melloraremos máis a calidade ( polo menos iso dicen os que o venden). Seguro que soa moi ben.


- E xa, con todalas reformas feitas, a finales de mes gravaremos a "O son da Ira", unha formación galego-cubana da que teredes máis novas no próximo boletín de Maio.

MARZO 2002

-Xa queda moi pouco para rematar o disco de Irtio. A mediados de mes salirá para ser masterizado.

-Os Heredeiros da Crus xa grabaron a primeira parte. En canto poidamos entrarán a grabar a segunda.

-DRINKING TINTO veñen a grabar un EP+video. Empezan a grabación o día 8. O día 9...resaca!!

-Tamén virán OS DIPLOMATICOS para facer unha preproducción. Téñeno todo casi listo para gravar o seu novo disco.

-A finales diste més faremos a grabación de Nao d´ire. Será unha preproducción, pero xa estamos desexando facela...a sua maqueta resulta moi interesante.

-En marzo teremos moitísimo traballo; non só de estudio se non tamén de preparar un gran cambio na CDT do cal daremos detallada informción no noticiario de Abril.

FEBREIRO 2002

-Estamos a rematar o disco de Siniestro Total. O disco do XX Aniversario será un triple album que terá recopilacións remasterizadas, pezas antigas versionadas e vangoardistas visións dos seus máis grandes éxitos. Chamarase "¿Quienes somos?¿De donde venimos?¿A donde vamos?" A mediados de mes salirán as mesturas de CDT para que Bob Katz faga o mastering en Digital Domain.

-Tamén virá a gravar o Coro Clásico de Vigo capitaneado por Joaquín Carvajal. Ao vivo son moi bos...seguro que no estudio son mellores!!

-IRTIO está a facer un disco moi chulo. Niste més remataremos de grabalo e mesturalo, e despois...a Digital Domain.

-Atención por favor: veñen os Heredeiros da Crus para facer unha preproducción.

XANEIRO 2002

-Estamos a facer o disco do XX Aniversario de Siniestro Total. Incluirá, entre outras cousas versións de éxitos do grupo vistos dende outras perspectivas musicais .

-Iste mes estará rematada a banda sonora de "O Lápis do Carpinteiro".

-O día 21 escomenzaremos a gravación do album de IRTIO. Votaremos tres semáns enfrascados na realización diste disco.

DECEMBRO 2001

-POR FIN VITAMINAVIDAD A VENDA!! Iste increible disco de cancions navideñas (non son panxoliñas, eh?) gravado fai un ano por músicos galegos de diferentes formacions (Berrogüetto, Siniestro Total, Beladona, Mutenrohi, Dr Cotomondongo, Chouteira, X.M Budiño, Coral San Vicente...) os cales niste caso llamanse FACTORÍA DO SON, estará a venda iste Nadal. Tedes un MP3 na sección "MP3 do mes". Non nos cansamos de dicir que íste é un disco MUY RECOMENDADO!!!

-Xa está rematado o disco dos Carunchos. Salirá na primaveira do 2002.

-Xa rematamos a preproducción de "EMBRACE ME OCEAN". ALTO POWER!!

-Dende o día 3 diste mes está a vosa disposición "HEPTA", o novo traballo de Berrogüetto. ¡¡Que bonito sona...!!

-Atención:¡¡Veñen Siniestro Total!! Xa vos contaremos...

-Continuamos coa gravación da Banda Sonora de "O LAPIS DO CARPINTEIRO". Paciencia, que non é fácil...

-Fixemos a preproducción de QUENO&MALOS HABITOS. Servirá para que en Febreiro veñan a grabar o seu novo disco cos deberes casi feitos. Estamos ansiosos por escoitar o novo dista formación. Informaremos noseu debido momento.

-Este mes saldrá o disco de Edicións do Cumio "DE PANO SEDÁN". Inclúe composicions de Pablo Torneiro, Pepe Romero, Susana Seivane, Magoia, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xose Manuel de Muxicas, Ernesto Campos...hasta 12 compositores donde o disco irá acompañado por un libro complementario. Importante documento.

 

voltar a principal - situación e arredores - novas - por eiquí pasaron - Mp3 do mes - tenda virtual - o estudio B - libro de visitas - galería de fotos - celebridades - links - a unidade mobil - ofertas e tarifas -