| Gravando a Banda de Baiona |
|
|
|
| Domingo, 24 de Abril de 2011 22:43 |
|
Ésta é a segunda gravación de bandas este mes, tras facer a do Rosal para o disco "Esa si que é muiñada" de Treixadura. Partindo dunha colocación de microfonía sobre un decca tree e mais un apoio de microfonía auxiliar, fixemos a gravación sempre tendo en conta a posibilidade de reforzar puntualmente certas partes e seccións no proceso de mestura. Aproveitamos ben o tempo: ainda tivemos tempo ao remate de facer uns overdubs de vibráfono e tuba antes de ir a ver a final da Copa do Rei de futbol!! Banda de música de Baiona from Casa de Tolos on Vimeo.
|






Gabriel Rodriguez é o director e compositor de todas as obras de esta gravación. Ainda que hai quen pensa que a gravación de bandas de música é monopolio da Radio Galega, está demostrado que o Estudio Móbil de Casa de Tolos é unha ferramenta perfecta para este tipo de formacións.