| ENREDE: a nova aventura televisiva de Casa de Tolos |
|
|
|
| Viernes, 27 de Mayo de 2011 11:00 |
|
O Estudio Móbil de Casa de Tolos trasládase este fin de semana a Caldas de Reis para gravar un novo episodio deste programa que será emitido pola Televisión de Galicia o próximo outono.
Si a semana pasada viaxamos ata A Coruña e Cangas, para gozar do Jazz, no pub Filloa, e do Rock alternativo, na Salasons, nesta ocasión o Soul recibiranos no pub Zona Zero de Caldas de Reis. Cada un dos capítulos de ENREDE será un monográfico de grupo e sala, que achegará ata as vosas casas unha ampla variedade de estilos e locais que sen dúbida vos sorprenderán. Concertos e entrevistas serán os pratos fortes de este novo menú que preparamos en Casa de Tolos. As ganas de mostrar o talento musical que se esconde nas atuacións en directo é o motor deste novo traballo. No que os protagonistas son os grupos e salas que se atopan na “Rede Galega de Música ao Vivo”. |






